Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2016 Páx. 56599

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2016, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se publican as axudas concedidas a empresas xornalísticas e de radiodifusión.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 21 da Resolución do 5 de xaneiro de 2016, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas a empresas xornalísticas e de radiodifusión, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 34, do 19 de febreiro), procédese á publicación no anexo das empresas beneficiarias.

Estas axudas fináncianse con cargo ás aplicacións orzamentarias 04.20.151A.470.1 e 04.20.461A.470.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2016

Mª del Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios

ANEXO

NIF

Beneficiaria

Importe

B15162068

Editorial La Capital, S.L.

33.555,87 €

B27000637

El Progreso de Lugo, S.L.

135.263,36 €

A41606534

Europa Press Delegaciones, S.A.

1.007,74 €

A36600815

Faro de Vigo, S.A.U.

305.686,04 €

B35074681

La Opinión de La Coruña, S.L.U.

47.940,61 €

A32000325

La Región, S.A.

70.575,79 €

A15000649

La Voz de Galicia, S.A.

718.499,91 €

B36003549

Lérez Ediciones, S.L.

70.088,17 €

A27019710

Radio Lugo, S.A.

56,74 €

A32003915

Radio Ourense, S.A.

872,43 €

A36005346

Radio Pontevedra, S.A.

12.491,26 €

A28281368

Radio Popular, S.A.

139.908,77 €

A36643674

Rías Baixas de Comunicación, S.A.

22.403,36 €

A70301510

Sermos Galiza, S.A.

1.226,38 €

A28782936

Uniprex, S.A.

69.870,22 €

B94063567

Virtual Vedra Comunicación, S.L.

2.237,68 €

B15054414

Voz de Galicia Radio, S.L.U.

43.315,67 €