Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2016 Páx. 57090

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación Gallega de Empresas de Ingeniería, Consultoría y Servicios Tecnológicos (Ageinco), co número 72-876-2004.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos neste, faise público que na oficina pública de depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, acordouse depositar con data do 28.11.2016 a modificación dos estatutos da Asociación Gallega de Empresas de Ingeniería, Consultoría y Servicios Tecnológicos (Ageinco).

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Ámbito profesional: poden ser membros aquelas empresas establecidas en Galicia que realicen maioritariamente actividades de enxeñería, arquitectura, consultoría e servizos tecnolóxicos e en cuxo capital social non exista participación maioritaria da Administración pública, directa ou por intermediación, ben sexa esta de carácter local, autonómico, nacional ou internacional e desexen intervir a través da asociación nas relacións laborais contribuíndo xunto cos sindicatos á defensa e promoción dos intereses económicos e sociais que lles sexan propios.

Asinantes: Marta I. Gallego Ramos (secretaria xeral) e Fernando López Mera (presidente).

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego