Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2016 Páx. 57091

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación Galega de Residencias e Centros de Anciáns de Iniciativa Social (Acolle), co número 72-404-1995.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos neste, faise público que na oficina pública de depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, acordouse depositar con data do 5.12.2016 a modificación dos artigos 1 (denominación), 23 (asemblea xeral) e 44 (fusión e modificación estatutos) dos estatutos da Asociación Galega de Residencias e Centros de Anciáns de Iniciativa Social (Acolle).

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Ámbito profesional: poden integrarse na asociación cantas entidades o soliciten, sempre que teñan personalidade xurídica, carezan de ánimo de lucro, coincidan esencialmente coa misión e cos ideais da asociación e cumpran coas disposicións e requisitos establecidos nos presentes estatutos.

Asinantes: Mª Celina Rey Diéguez (presidenta) e Sonia Penedo García (secretaria técnica).

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego