Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2016 Páx. 57131

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO de oferta de emprego público para o ano 2016.

«1. Antecedentes:

Os artigos 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local (LRBRL), 233 da Lei de Administración local de Galicia e 128.1 do Real decreto lexislativo 781/1986, establecen que as entidades locais aprobarán e publicarán a oferta de emprego público (OEP) de conformidade cos criterios fixados pola normativa básica estatal.

O artigo 34.1.g) da Lei 7/1985, do 2 de abril, sinala que lle corresponde ao presidente da Deputación aprobar a oferta de emprego público de acordo co orzamento e co cadro de persoal aprobados polo Pleno.

O orzamento desta Deputación Provincial foi aprobado inicialmente polo Pleno, en sesión do 23 de febreiro de 2016, e quedou aprobado definitivamente en sesión plenaria do 27 de xuño de 2016 e, posteriormente, fíxose a súa publicación regulamentaria no BOP núm. 149, do 30 de xuño de 2016, e a través daquel, os cadros de persoal funcionario e laboral desta entidade, en que constan as prazas vacantes.

2. Normativa específica reguladora das ofertas de emprego público:

O artigo 70 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público (EBEP), establece:

“Oferta de emprego público:

1º. As necesidades de recursos humanos, con asignación orzamentaria, que deban proverse mediante a incorporación de persoal de novo ingreso serán obxecto da oferta de emprego público, ou a través doutro instrumento similar de xestión da provisión das necesidades de persoal, o que comportará a obriga de convocar os correspondentes procesos selectivos para as prazas comprometidas e ata un dez por cento adicional, fixando o prazo máximo para a convocatoria destes. En todo caso, a execución da oferta de emprego público ou instrumento similar deberá desenvolverse dentro do prazo improrrogable de tres anos.

2º. A oferta de emprego público ou instrumento similar, que aprobarán anualmente os órganos de Goberno das administracións públicas, deberá ser publicada no diario oficial correspondente.

3º. A oferta de emprego público ou instrumento similar poderá conter medidas derivadas da planificación de recursos humanos”.

O artigo 20 da Lei 48/2015, do 29 de outubro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2016, establece nos seus puntos 1, 2, 5 e 6 (básicos):

“Un. 1º. Ao longo do exercicio 2016 unicamente se poderá proceder, no sector público delimitado no artigo anterior, coa excepción das sociedades mercantís públicas entidades públicas empresariais, fundacións do sector público e consorcios participados maioritariamente polas administracións e organismos que integran o sector público, que se rexerán polo disposto nas disposicións adicionais décimo quinta, décimo sexta e décimo sétima, respectivamente, desta lei e dos órganos constitucionais do Estado, á incorporación de novo persoal con suxeición aos límites e requisitos establecidos nos puntos seguintes, agás a que poida derivar da execución de procesos selectivos correspondentes a ofertas de emprego público de exercicios anteriores ou de prazas de militares de tropa e mariñeiría profesional necesarias para acadar os efectivos fixados na disposición adicional décimo cuarta.

A limitación contida no parágrafo anterior alcanza as prazas incursas nos procesos de consolidación de emprego previstos na disposición transitoria cuarta do Estatuto básico do empregado público.

2º. Respectando, en todo caso, as dispoñibilidades orzamentarias do capítulo I dos correspondentes orzamentos de gastos, nos seguintes sectores e administracións a taxa de reposición fixarase ata un máximo do 100 por cento:

(…)

F) Ás administracións públicas respecto do asesoramento xurídico e a xestión dos recursos públicos.

(…)

3º. Nos sectores e administracións non recollidos no punto anterior, a taxa de reposición fixarase ata un máximo do 50 por cento.

4º. Para calcular a taxa de reposición de efectivos, a porcentaxe máxima a que se refire o punto anterior aplicarase sobre a diferenza resultante entre o número de empregados fixos que, durante o exercicio orzamentario de 2015, deixaron de prestar servizos en cada un dos sectores, ámbitos, corpos ou categorías, previstos no punto anterior e o número de empregados fixos que se teñan incorporado neles no referido exercicio, por calquera causa, excepto os procedentes de ofertas de emprego público, ou reingresado desde situación que non impliquen a reserva de postos de traballo. Para estes efectos, computaranse os cesamentos na prestación de servizos por xubilación, retiro, falecemento, renuncia, declaración en situación de excedencia sen reserva de posto de traballo, perda da condición de funcionario de carreira ou a extinción do contrato de traballo ou en calquera outra situación administrativa que non supoña a reserva de posto de traballo ou a percepción de retribucións con cargo á Administración en que se cesa.

Non computarán dentro do límite máximo de prazas derivado da taxa de reposición de efectivos aquelas prazas que se convoquen para a súa provisión mediante procesos de promoción interna.

(...)

Cinco. A validez da autorización contida no punto Un.2 deste artigo estará condicionada a que as prazas resultantes da aplicación da taxa de reposición de efectivos definida no punto Un.3 se inclúan na oferta de emprego público que, de conformidade co establecido no número 2 do artigo 70 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, deberá ser aprobada polos respectivos órganos de Goberno das administracións públicas e publicarse no Boletín Oficial da Comunidade Autónoma ou, de ser o caso, do Estado, antes da finalización do ano 2016.

A validez da autorización contida no punto Un.2 deste artigo estará condicionada a que a convocatoria das prazas se efectúe, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou, de ser o caso, do Estado, no prazo improrrogable de tres anos, contado desde a data da publicación da oferta de emprego público en que se inclúan as citadas prazas, cos requisitos establecidos no parágrafo anterior, de conformidade co disposto no número 1 do artigo 70 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público.

Seis. A taxa de reposición de efectivos correspondente a un ou varios dos sectores prioritarios definidos no artigo 20.Un.2 poderá acumularse noutro ou noutros dos sectores contemplados no citado precepto ou naqueles corpos, escalas ou categorías profesionais dalgún ou dalgúns dos mencionados sectores, cuxa cobertura se considere prioritaria ou que afecten o funcionamento dos servizos públicos esenciais.

Sete. Os puntos un, dous, cinco e seis deste artigo teñen carácter básico e dítanse ao amparo dos artigos 149.1.13ª e 156.1 da Constitución. (…)”.

O artigo 10.4 do EBEP sinala tamén:

“No suposto previsto na letra a) do número 1 deste artigo (existencia de prazas vacantes cando non sexa posible a súa cobertura por funcionarios de carreira), as prazas vacantes desempeñadas por funcionarios interinos deberán incluírse na oferta de emprego correspondente ao exercicio en que se produce o seu nomeamento e, se non for posible, na seguinte, agás que se decida a súa amortización”.

O artigo 37 do EBEP, establece no punto 1, número «l», que serán obxecto de negociación na Mesa Xeral:

“Os criterios xerais sobre ofertas de emprego público”.

O artigo 59.1 do EBEP sinala tamén:

“Nas ofertas de emprego publico reservarase unha cota non inferior ao 7 por cento das vacantes para seren cubertas entre persoas con discapacidade, considerando como tales as definidas no número 2 do artigo 1 da Lei 51/2003, do 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade, sempre que superen os procesos selectivos e acrediten a súa discapacidade e a compatibilidade co desempeño das tarefas, de modo que progresivamente se alcance o 2 por cento dos efectivos totais en cada Administración pública”.

3. Proposta de acordos da Mesa Xeral de Negociación (MXN), sobre criterios xerais para elaborar a oferta de emprego público:

Como consecuencia de todo o sinalado, unha vez analizadas as necesidades de recursos humanos desta Deputación e xa que nos cadros de persoal funcionario e laboral desta entidade aprobados inicialmente en sesión plenaria, en sesión que tivo lugar o 23 de febreiro de 2016, e aprobados definitivamente, en sesión plenaria que tivo lugar o 27 de xuño de 2016 e, posteriormente, coa súa publicación regulamentaria no BOP núm. 149, do día 30 de xuño de 2016, existen as prazas vacantes que seguidamente se relacionan e na relación de postos de traballo (RPT) vixente os postos de traballo que se corresponden coas citadas prazas; e xa que tamén as prazas e postos a que se fai referencia están dotadas orzamentariamente e que segundo os antecedentes que constan no Servizo de Recursos Humanos a taxa de reposición de efectivos para o ano 2016 ascende a 14 efectivos na Deputación Provincial.

En cumprimento do establecido nos artigos 36.3 e 37.1.l) do EBEP, someteuse á Mesa Xeral de Negociación Común (persoal funcionario e persoal laboral) da Deputación Provincial de Lugo a aprobación dos criterios xerais desta oferta de emprego para o ano 2016, nas reunións dos días 4 e 25 de novembro e 14, 16 de decembro de 2016, co apoio maioritario da representación sindical e unitaria, co seguinte contido:

1º. Criterios que rexerán a OEP:

1) A OEP da Deputación conterá as prazas de persoal de novo ingreso (quenda libre) e prazas cuxo proceso selectivo se realizará ao amparo do previsto na disposición transitoria 4ª (consolidación de emprego temporal). Consecuencia do sinalado anteriormente, os procesos selectivos realizaranse en dúas quendas:

a) Quenda libre ordinaria, en que poderán participar todos os que reúnan os requisitos xerais para o acceso ao emprego público, e

b) Quenda libre extraordinaria de consolidación de emprego temporal coas especialidades de participación establecidas pola disposición transitoria 4ª do EBEP, para aquelas persoas que teñan a condición de empregado público da Deputación Provincial, e desempeñasen interina ou temporalmente as prazas/postos da correspondente praza de asimilación, con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2005.

2) A quenda de acceso libre inclúe un total de 7 prazas.

3) A quenda de consolidación de emprego temporal, que se inclúe obrigatoriamente na taxa de reposición de efectivos total da entidade, cun total de 7 prazas.

4) O prazo máximo para a execución da OEP será o establecido no artigo 70 do EBEP.

5) As probas selectivas para a provisión das prazas que se sinalan rexeranse polas bases xerais e específicas que veñen sendo aplicadas nos últimos procesos selectivos, coas adaptacións que exixa a normativa contida no EBEP, os principios contidos neste e as normas de desenvolvemento que, se é o caso, se diten.

6) Os sistemas de selección serán os de oposición libre para as prazas de acceso libre, conforme o establecido establecidos no artigo 8, números 1, 2, 3, 4 e 5 do Regulamento xeral de acceso, carreira e provisión de postos de traballo da Deputación (BOP núm. 226, do 30 de setembro de 2006) e concurso-oposición para as prazas de consolidación de emprego temporal.

7) No non expresado nos puntos anteriores, a Administración rexerase polas normas en vigor e polos criterios que considere máis axeitados dentro das súas potestades de planificación, programación e autoorganización.

8) As razóns da escolla das prazas que seguidamente se definirán son as seguintes:

I. Que as prazas veñan sendo desempeñadas interina ou temporalmente. O artigo 10.4 do EBEP xa citado establece:

“No suposto previsto na letra a) do número 1 deste artigo (existencia de prazas vacantes cando non sexa posible a súa cobertura por funcionarios de carreira), as prazas vacantes desempeñadas por funcionarios interinos deberán incluírse na oferta de emprego correspondente ao exercicio en que se produce o seu nomeamento e, se non for posible, na seguinte, agás que se decida a súa amortización”.

Todas as prazas están sendo desempeñadas temporalmente xa sexa por funcionarios interinos, xa sexa por persoal en situación “irregular”, coa excepción da praza da cota reservado a persoas con discapacidade (1 auxiliar de Administración xeral), que se convoca para atender o requirimento legal existente sobre esta materia e o resultado de sumar á porcentaxe de reserva deste ano os restos derivados de ofertas de emprego público de anos anteriores, por este concepto.

II. Dar solución ás situacións do persoal en situación irregular (Plan de consolidación).

III. Incluír as prazas desempeñadas por persoal interino con base en dous criterios:

a) Atender necesidades inminentes e prioritarias para a entidade. Seguindo este criterio, inclúese a praza de técnico/a superior en Arquivística.

b) Antigüidade dos nomeamentos interinos.

Nese sentido, cando existe máis dun efectivo agrúpanse, co obxecto de gañar en eficiencia e facer unha oferta máis atractiva.

2º. Criterios concretos utilizados para a inclusión na OEP-2016 das prazas que se sinalan a seguir:

A) Prazas de acceso libre.

O artigo 20.2 establece que para acadar o cen por cento da taxa de reposición de efectivos deben reforzarse, entre outras, as prazas de asesoramento xurídico e xestión de recursos públicos. Nese sentido, inclúense 3 prazas (2 TAX, 1 economista) que posibilitan realizar ese asesoramento tanto interno como aos concellos da provincia.

Así mesmo, respecto á xestión de recursos públicos, con independencia das funcións que a este respecto se poidan realizar desde prazas anteriores, resultan imprescindible os postos de colaboración, polo que se incorporan 2 prazas de administrativo e 1 de auxiliar reservada a persoal con capacidades diferentes.

A maiores, incorpórase unha de técnico superior en Arquivística, dado que a arquiveira actual figura en prolongación de servizo activo, e resulta imprescindible que se incorpore con carácter definitivo un efectivo que asuma esa responsabilidade.

B) Consolidación de emprego temporal.

A Deputación acordou, en sesións da Mesa Xeral de Negociación que tiveron lugar os días 4, 10 e 16 de novembro de 2011, un Plan de consolidación de emprego temporal, que considerou a creación das prazas necesarias, na modificación do cadro de persoal para o ano 2012, cuxa execución non puido realizar por impedilo as derradeiras leis de orzamentos xerais do Estado.

Esta situación mudou dado que a Lei 48/2015, do 29 de outubro, permite exercer estes plans, ben que o mínimo de prazas deberá estar incluído dentro dos límites da TRE.

O plan que ten aprobado a Deputación inclúe 7 prazas que, polo seu contido, responden aos mesmos criterios que as incluídas na quenda de acceso libre ordinario.

Así, responden a criterios de asesoramento xurídico (preferentemente) as prazas de TAX, técnico xestión. O resto das prazas, 3 auxiliares administrativos e 1 auxiliar de atención ao cidadán son prazas que colaboran na xestión de recursos públicos. A praza de enxeñeiro técnico agrícola fai funcións de axente de emprego e desenvolvemento local e xestiona a enquisa de infraestruturas e obras da provincia, función imprescindible para a elaboración dos plans provinciais.

2º. Contido da OEP da Deputación Provincial, do réxime xurídico administrativo:

I. Prazas de acceso libre:

Praza

Posto

Técnico superior arquivista

868

Técnico superior arquivista

1346

Técnico de Administración xeral

20

Técnico de Administración xeral

1156

Técnico de Administración xeral

15

Técnico de Administración xeral

1304

Economista

9

Economista

1261

Administrativo A.X.

I84

Administrativo A.X.

I129

Administrativo A.X.

I228

Administrativo A.X.

1294

II. Prazas de cota de persoas con capacidades diferentes (discapacitados/as):

Auxiliar A.X.

778

Auxiliar A.X.

1143

III. Consolidación emprego temporal:

Praza

Posto

TAX

828

Axente emprego e desenvolvemento local

1255

Técnico xestión

I165

Coordinadora taller e acc. formativas

I171

Enxeñeiro técnico agrícola

823

Axente desenvolvemento local

1250

Auxiliar A.X.

824

Auxiliar

1251

Auxiliar A.X.

825

Auxiliar

1252

Auxiliar A.X.

826

Auxiliar

1253

Auxiliar atención cidadá

829

Auxiliar atención cidadá

1256

Atendendo a canto antecede, esta Presidencia, en uso das atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local, resolve aprobar a oferta de emprego público da Deputación Provincial de Lugo co contido de prazas anteriormente enumeradas».

O que se fai público en cumprimento do determinado no artigo 70.2 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, do Estatuto básico do empregado público, coa indicación de que a presente resolución é definitiva, polo que contra esta os interesados poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o presidente da Deputación Provincial de Lugo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da provincia, ou recurso contencioso-administrativo ante o xulgado contencioso-administrativo de Lugo, no prazo de dous meses desde a citada publicación, e na forma prevista na lexislación reguladora da devandita xurisdición, sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro que se considere procedente.

Lugo, 26 de decembro de 2016

Manuel Castiñeira Castiñeira
Secretario da Deputación Provincial de Lugo