Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2016 Páx. 57062

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1063/2013).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 1063/2013, por instancia de Antonio Carlos de Sousa Coelho, Gerardo Loureiro Regueira, Mario Rama Guillín contra Fondo de Garantía Salarial, Decoraciones Grela, S.L., administración concursal de Decoraciones Grela, S.L. sobre cantidade, en que se ditou sentenza, con data do 3.10.2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución.

Estímase a demanda formulada por Antonio Carlos de Sousa Coelho, Gerardo Loureiro Regueira e Mario Rama Guillin fronte á empresa Decoraciones Grela, S.L., á súa administración concursal, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Decoraciones Grela, S.L. a aboar aos demandantes as seguintes cantidades:

• A Antonio Carlos de Sousa Coelho, a cantidade de tres mil novecentos cincuenta e oito euros con sesenta e catro céntimos de euro (3.958´64 euros). Os conceptos salariais devindicarán os xuros moratorios do 10 %.

• A Gerardo Loureiro Regueira, a cantidade de seis mil trescentos corenta euros con setenta e un céntimos de euro (6.340,71 euros). Os conceptos salariais devindicarán os xuros moratorios do 10 %.

• A Mario Rama Guillín, a cantidade de seis mil oitocentos cincuenta e dous euros con vinte e catro céntimos de euro (6.852,24 euros). Os conceptos salariais devindicarán os xuros moratorios do 10 %.

Todas estas cantidades vincularán o administrador concursal.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Decoraciones Grela, S.L. expido e asino este edicto

A Coruña, 12 de decembro de 2016

A secretaria xudicial