Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2017 Páx. 257

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 959/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 959/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Elena Belmonte López contra María Monteagudo Bermúdez e Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza 571/2016

A Coruña, 2 de decembro de 2016.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario 959/2015, seguidos ante este xulgado por instancia de María Elena Belmonte López, representada polo letrado José Daniel Pérez López, contra María Monteagudo Bermúdez, que non comparece, e contra Fogasa, que tampouco comparece, dito sentenza de conformidade cos seguintes,

Resolvo:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por María Elena Belmonte López e condeno a María Monteagudo Bermúdez a lle aboar á demandante a cantidade de 7.451,16 euros.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a María Monteagudo Bermúdez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza