Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2017 Páx. 467

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 256/2014).

Procedemento ordinario (P.O.) 256/2014

Sobre: ordinario

Demandante: Sandra Fernández Martínez

Demandados: Escandón Aguilar María Magdalena, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 256/2014 deste xulgado do social, seguido a instancia de Sandra Fernández Martínez contra Escandón Aguilar María Magdalena e Fogasa, se ditou a seguinte sentenza:

«Sentenza:

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2015.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos 256/2014 promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade por instancia de Sandra Fernández Martínez, asistida e representada pola letrada Marisol Romero Salgado contra María Magdalena Escandón Aguilar, que non comparece, sendo citado o Fogasa, que non comparece, pronunciou a seguinte sentenza.

Resolvo:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Sandra Fernández Martínez contra Escandón Aguilar María Magdalena e, en consecuencia, condeno a empresa a aboarlle á demandante 3.276,85 euros, máis os xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores, devindicados respecto da cantidade de 3.133,73 euros. Condeno o Fogasa a se ater a esta resolución nos termos do artigo 23.6, inciso segundo, da Lei reguladora da xurisdición social.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Escandón Aguilar María Magdalena, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza