Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2017 Páx. 435

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2016 pola que se convoca a provisión, mediante libre designación, de dous postos do cadro de persoal funcionario de administración e servizos desta universidade.

Estando vacantes os postos da vixente relación de postos de traballo do persoal funcionario de administración e servizos indicados, que deben ser provistos mediante libre designación,

Consonte o disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna,

En uso das atribucións conferidas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e polos estatutos da Universidade de Vigo,

RESOLVO:

Primeiro. Convocar a provisión, polo sistema de libre designación, dos seguintes postos de traballo:

Posto de traballo

Grupo

Nivel C.D.

Localidade

Quenda

Vicesecretario/a xeral técnico/a

A1

28

Vigo

Mañá

Xefe/a de equipo da Secretaría do Equipo de Goberno

A2/C1

24

Vigo

Mañá

Segundo. Poderá optar á súa provisión o persoal funcionario de carreira de administración destinado na Universidade de Vigo, calquera que sexa a súa situación administrativa, agás o suspenso en firme e sempre que na data de remate do prazo de presentación de solicitudes pertenza a algún corpo ou escala integrado nos subgrupos de clasificación indicados.

Os postos de traballo poderán ser declarados desertos, aínda que os candidatos reúnan os requisitos exixidos.

Terceiro. As persoas interesadas deben presentar a súa solicitude axustada ao modelo que figura como anexo, dirixíndoa ao reitor da Universidade de Vigo, dentro do prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes de participación poderán presentarse nos rexistros xeral ou auxiliares desta universidade, así como segundo o previsto no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Cuarto. A solicitude deberá ir acompañada dun curriculum vitae comprensivo dos datos persoais, anos de servizo, postos desempeñados na Administración, títulos académicos, estudos e cursos realizados, idiomas e calquera outro mérito que se considere oportuno achegar. Os méritos alegados deberán acreditarse documentalmente.

Quinto. O prazo para tomar posesión do destino definitivo obtido nesta convocatoria será de tres días hábiles, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles, se o comportase.

O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao de cesamento, que se fixará na resolución que poña fin a este proceso selectivo.

Sexto. Todos os restantes actos que integren este procedemento publicaranse, cando corresponda, no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral da Universidade de Vigo e no seguinte enderezo electrónico: http://persoal.uvigo.es/persoal_gl/PAS/internas/

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

As persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución un recurso de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 22 de decembro de 2016

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Solicitude de participación

Nome e apelidos

DNI

Corpo ou escala

Subgrupo de pertenza

Grao persoal consolidado

Centro/unidade

Localidade

Teléfono e correo electrónico

Posto solicitado

A persoa abaixo asinante solicita ser admitida á convocatoria a que se refire esta instancia e DECLARA que son certos os datos consignados nela, que reúne as condicións requiridas especificamente por esta convocatoria e comprométese a probar documentalmente todos os datos que figuran nesta solicitude.

........................., …… de ................................................... de 201 …

(sinatura)

REITOR DA UNIVERSIDADE DE VIGO