Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2017 Páx. 438

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3416/2016).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 3416/2016 seguido por instancia Ihor Yaremchuk contra Fachadas Aifer, S.L. e Fogasa sobre despedimento disciplinario, se ditou sentenza no día da data que, copiada nos particulares necesarios, di:

Decidimos que desestimamos o recurso de suplicación interposto pola letrada Sra. Dios Almeida, actuando en nome e representación de Ihor Yaremchuk contra a sentenza de data cinco de maio de dous mil dezaseis do Xulgado do Social número 4 de Vigo, en autos 119/2016, seguidos por instancia do recorrente contra a empresa Fachadas Aifer, S.L. e sendo parte o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, polo que debemos de confirmar e confirmamos na súa integridade a resolución recorrida.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar: –O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste. –Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo "Observacións ou Concepto da transferencia" os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

E para que sirva de notificación en legal forma a Fachadas Aifer, S.L. con último domicilio coñecido en r/ Martín Echegaray, 4, 3º D de Vigo (Pontevedra) e actualmente en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG e advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 7 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza