Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2017 Páx. 967

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO (528/2012).

Procedemento ordinario 528/2012

Sobre reclamación de cantidade

Demandante: Santander Consumer EFC, S.A.

Procuradora: María José Giménez Campos

Avogado: Luis Sanjiao García

Demandados: Moisés Agustín Sotelo Ríos, Diamela Alejandra Tevez

No procedemento de referencia ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza 121/2013.

En Pontevedra o 4 de setembro de 2013.

Vistos por Ignacio de Frías Conde, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, os presentes autos de xuízo ordinario seguidos neste xulgado co número 528/2012 por instancia de Santander Consumer Establecimiento Financiero de Crédito, S.A., representado pola procuradora Sr.a Giménez Campos e baixo a dirección legal do letrado Sr. Sanjiao García, fronte a Moisés Agustín Sotelo Ríos e Diamela Alejandra Tevez, ambos os dous en situación procesual de rebeldía, sobre reclamación de cantidade.

Decido que estimo parcialmente a demanda interposta pola procuradora Sra. Giménez Campos, en nome e representación de Santander Consumer Establecimiento Financiero de Crédito, S.A., contra Moisés Agustín Sotelo Ríos e Diamela Alejandra Tevez, e condeno a Moisés Agustín Sotelo Ríos e Diamela Alejandra Tevez a pagar solidariamente a Santander Consumer Establecimiento Financiero de Crédito, S.A. a suma de 9.603,45 euros, máis os xuros legais desta suma desde o 20 de xuño de 2012 ata a data desta resolución, e desde esta, os xuros sinalados no artigo 576 da LAC.

Cada parte aboará as custas causadas pola súa instancia e as comúns pola metade.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que contra esta resolución cabe formular ante este xulgado recurso de apelación, que debe interpoñerse no prazo de vinte días desde a notificación desta resolución...».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Diamela Alejandra Tevez, expídese o presente para que sirva de notificación en forma a esta.

Pontevedra, 18 de xullo de 2016

O/a letrado/a da Administración de xustiza