Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2017 Páx. 1114

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2016 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Xornalismo e Comunicación: Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 7 de outubro de 2016 (publicado no BOE do 26 de outubro, por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 14 de outubro),

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2008, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Xornalismo e Comunicación: Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento pola Universidade de Santiago de Compostela, que quedará estruturado segundo consta no anexo.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2016

Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO
Máster universitario en Xornalismo e Comunicación: Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento pola Universidade de Santiago de Compostela

Código RUCT: 4315656.

Rama de coñecemento: ciencias sociais e xurídicas.

Universidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

21

Optativas

27

Traballo fin de máster

12

Créditos totais

60

Cadro 2. Plan de estudos do máster.

Materia

Carácter

Créditos

Módulo

Documentación. Xestión e visualización de datos

OB

3

Materias obrigatorias

Narrativas xornalísticas: novos xéneros e linguaxes

OB

6

Novos formatos, produtos e soportes

OB

6

Escritura e contidos en liña

OB

3

Tendencias nos modelos de negocio en xornalismo

OB

3

Perfís actuais do profesional da información e da comunicación

OP

3

Optativas xerais

Produtos culturais no ecosistema comunicativo da sociedade en rede

OP

3

Evolución dos medios de comunicación na sociedade do coñecemento

OP

3

Métodos de investigación cualitativa e cuantitativa

OP

6

Optativa vinculada saída investigadora

Prácticas en empresas (6 ECTS)

OP

6

Optativa vinculada saída profesional

Planificación: estratexias, usuarios e audiencias

OP

3

Optativas de especialidade: ideación e creación de produtos multimedia

Ideación, creatividade e narración

OP

3

Usabilidade e arquitectura

OP

3

Produción, valoración e extensión

OP

3

Laboratorio de produtos multimedia

OP

3

Novos escenarios informativos

OP

3

Optativas de especialidade: elaboración e xestión de contidos informativos

Tendencias no uso e consumo da información

OP

3

Debates abertos: do empoderamento cidadán á intoxicación

OP

3

Adaptación das rutinas produtivas ao escenario converxente

OP

3

Laboratorio de contidos informativos

OP

3

Traballo fin de máster

OB

12

Traballo fin de máster

Neste máster os alumnos poden optar entre unha saída investigadora e outra profesional. Para a saída investigadora terán que cursar necesariamente a materia: métodos de investigación. Para a saída profesional deberán realizar a materia de prácticas externas.

Independentemente do anterior, poden optar por realizar unha das dúas especialidades ofertadas polo máster:

– Especialidade en ideación e creación de produtos multimedia.

– Especialidade en elaboración e xestión de contidos informativos.

Para obter o título cunha especialidade, o alumno deberá cursar as cinco materias optativas vinculadas a esa especialidade, dentro do módulo correspondente. Tamén poderá obter o título sen especialidade elixindo libremente as materias optativas.