Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2017 Páx. 1535

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 20 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, de notificación de citación para recoñecemento no procedemento BS210A.

Despois de tentar en tempo e forma a práctica das notificacións que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, de conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio deste anuncio emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo, ou o seu representante, para ser notificado por comparecencia da citación para a valoración que se indica.

Para estes efectos, así como para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado, ou o seu representante debidamente acreditado, poderá comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social sitas na rúa Concepción Arenal, núm. 7, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais a partir do día seguinte ao do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Advírtese que, de non presentarse á cita, e de conformidade co establecido no artigo 27.3 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, e no artigo 92 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, paralizarase o procedemento, de tal forma que unha vez transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar a tramitación, producirase a caducidade do procedemento, salvo causa de forza maior acreditada, acordándose o arquivamento de actuacións, o cal lle será notificado ao interesado.

A Coruña, 20 de decembro de 2016

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Contido do acto

Nº de expediente - Apelidos e nome

Citación

SC - 0000059061 - Sande Sande, Marcelino Antonio