Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2017 Páx. 1833

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de mantemento das instalacións eléctricas de baixa tensión en centros dependentes desta xerencia.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, Dirección de Recursos Económicos, Sección de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: AB-EIO1-16-001.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: mantemento das instalacións eléctricas de baixa tensión en centros dependentes da estrutura organizativa da Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

c) División por lotes e número de lotes: lote único.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 50711000-2.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

4. Valor estimado do contrato: 120.120 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 46.200 €; importe total: 55.902 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 25.11.2016.

b) Data de formalización do contrato: 1.12.2016.

c) Contratista: Electrotécnica Industrial y Naval, S.L. (CIF B15015274).

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 38.145 €; importe total: 46.155,45 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as recollidas na resolución de adxudicación.

Ourense, 5 de decembro 2016

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras