Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2017 Páx. 1835

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se fai pública a formalización do contrato para o arrendamento con opción de compra e mantemento de tres ecocardiógrafos para o Servizo de Cardioloxía do Hospital Universitario Lucus Augusti.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: AB-EIL1-16-006.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: mixto (arrendamento e mantemento).

b) Descrición: arrendamento con opción de compra e mantemento de tres ecocardiógrafos (dous de alta gama e un portátil) para o Servizo de Cardioloxía do HULA. Inclúe as labores de montaxe e instalación.

c) Lotes: non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 33112340-3.

e) Diarios oficiais e datas de publicación do anuncio de licitación: DOUE núm. 130, do 8 de xullo de 2016, BOE núm. 173, do 19 de xullo e DOG núm. 136, do 19 de xullo.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 225.917,36 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 214.621,49 €. Importe total: 259.692,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 13 de outobro de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 8 de novembro de 2016.

c) Contratista: Philips Ibérica, S.A.U.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 213.000,00 €. Importe total: 257.730,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ver resolución no perfil do contratante.

Lugo, 7 de decembro de 2016

Ramón Ares Rico
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos