Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2017 Páx. 1837

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO de revogación parcial da delegación de competencias en materia tributaria na Deputación Provincial da Coruña.

En sesión plenaria do 29 de decembro de 2016, adoptouse acordo de revogar parcialmente a delegación de competencias en materia tributaria na Deputación Provincial da Coruña; en concreto revóganse as competencias previas á notificación da providencia de prema na recadación en período executivo de tributos, prezos públicos e calquera outro ingreso de dereito público de carácter non periódico ou de periodicidade inferior ao ano. A actuación da Deputación comezará coa notificación das providencias de prema ditadas previamente polo tesoureiro do Concello de Ames, que serán remitidas á Deputación da Coruña. A Deputación da Coruña levará a cabo o desenvolvemento do procedemento de prema en todas as súas fases de acordo coa lexislación aplicable.

O que se publica para o seu xeral coñecemento.

Ames, 30 de decembro de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto 2637/2016)
Genma Otero Uhía
Primeira tenente de alcalde