Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2017 Páx. 1913

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 29 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas de compensacións complementarias e axudas para a reposición dos animais en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún, como consecuencia do sacrificio obrigatorio de gando en execución de programas oficiais de erradicación de enfermidades, e se convocan para o ano 2017.

A detección das enfermidades animais incluídas nos programas oficiais de loita, control e erradicación pode derivar no sacrificio obrigatorio e destrución dos animais, seguido dunha hixienización das instalacións da explotación, de acordo coa normativa en vigor.

O artigo 21 da Lei 8/2003, de sanidade animal, no que se refire á loita, control e erradicación das enfermidades dos animais, establece que o sacrificio obrigatorio destes ou, se for o caso, a destrución dos medios de produción que se consideren contaminados, dará lugar á correspondente indemnización, en función dos baremos aprobados oficialmente. Igualmente, establece que serán indemnizables os animais que morran por causa directa tras seren sometidos a tratamentos ou manipulacións preventivos ou con fins de diagnóstico ou, en xeral, os que morresen no contexto das medidas de prevención ou loita contra unha enfermidade como consecuencia da execución de actuacións impostas pola autoridade competente.

Con todo, nas explotacións de gando bovino, ovino e cabrún, dada a súa estrutura produtiva en Galicia, as indemnizacións establecidas non cobren suficientemente as importantes perdas económicas dos produtores naquelas explotacións en que se fai un baleiro sanitario por sacrificio obrigatorio de todos os seus animais e que se ven obrigadas, ademais, a asumir un período de inactividade produtiva ata que os servizos veterinarios oficiais autorizan a reintrodución de animais na explotación. Consecuentemente, resulta pertinente establecer mecanismos de compensación complementaria.

Por outra parte, cómpre ter en conta a dificultade con que se atopan os titulares das explotacións de gando bovino, ovino e cabrún para poderen repoñer os animais de similares características aos que foron obrigados a sacrificar, e que, na maior parte dos casos, non hai posibilidade de acadar a reposición total ao mesmo tempo.

Por tanto, para aqueles casos de explotacións destas especies en que coas indemnizacións por sacrificio obrigatorio non se acada o valor de adquisición de novos animais similares aos sacrificados e, consecuentemente, non resultaría factible repoñer eses animais, considérase necesario establecer axudas para favorecer a reposición do gando sacrificado obrigatoriamente.

Trátase de axudas estatais dirixidas ás pemes dedicadas á produción agrícola primaria e encádranse dentro do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea, e cumpren os seus requisitos.

En virtude do exposto, de conformidade co disposto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das facultades que me confiren o artigo 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

ACORDO:

TÍTULO I
Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras e convocar para o ano 2017:

1. As axudas de compensacións complementarias por lucro cesante nos casos de inactividade nas explotacións de gando bovino, e gando ovino e cabrún, rexistradas en Galicia, con motivo da vixilancia, loita, control ou erradicación de enfermidades destas especies, levados a cabo no marco de programas ou actuacións sanitarias oficiais.

2. As axudas para a compra de animais das especies bovina, ovina e cabrúa que teña por obxecto a reposición de efectivos, naquelas explotacións rexistradas en Galicia en que se ordenou o sacrificio de animais destas especies, despois do diagnóstico dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación; tamén se incluirán os casos de animais desas especies que morresen neses marcos sanitarios oficiais citados e os casos de morte/sacrificio deses animais en consecuencia dun programa oficial obrigatorio de vacinación.

Artigo 2. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser persoas beneficiarias das axudas de compensacións complementarias por lucro cesante as persoas físicas e xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica que sexan titulares de explotacións bovinas, ovinas e cabrúas en que se sacrificase ou destruíse de forma preventiva a totalidade do seu censo, por motivos de sospeita e/ou confirmación da presenza dalgunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación.

2. Poderán ser persoas beneficiarias das axudas para a compra de animais de reposición as persoas físicas e xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica que sexan titulares de explotacións bovinas, ovinas e cabrúas en que se ordenase o sacrificio obrigatorio de animais existentes nelas, como consecuencia do diagnóstico dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación, así como as persoas titulares daquelas explotacións onde morresen ou se practicase a eutanasia de animais das ditas especies, por mor dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación ou por mor dun programa oficial obrigatorio de vacinación.

3. As persoas solicitantes das axudas establecidas nesta orde, para seren beneficiarias delas, deberán ter a condición de pemes, de acordo co disposto no anexo I do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.

4. No cumprimento do artigo 1.6.b) apartado ii) do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, as pemes beneficiarias do presente réxime de axudas non terán a consideración de empresas en crise, segundo a definición destas establecida no artigo 2.14 deste regulamento, agás que a empresa se convertese nunha empresa en crise por mor dos danos ou perdas causadas polas enfermidades animais recollidas na lista da Organización Mundial de Sanidade Animal (OIE) ou nos anexos I e II do Regulamento (UE) nº 652/2014 do Parlamento Europeo e do Consello.

5. Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as persoas ou entidades:

a) Que se atopen en calquera das circunstancias sinaladas no artigo 10, puntos 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13, puntos 2 e 3, da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. Así mesmo, será de obrigado cumprimento a apreciación recollida no artigo 14 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

b) Que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente, despois dunha decisión previa da Comisión que declarara unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior, e en cumprimento do artigo 1.5.a) do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño.

Artigo 3. Requisitos

1. Para os efectos de ter dereito ás axudas reguladas nesta orde, as persoas titulares implicadas e as explotacións gandeiras afectadas:

a) Cumprirán e seranlles de aplicación os contidos da normativa en vigor, citada a seguir, que afecten directamente o correcto desenvolvemento dos programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación de enfermidades dos animais: sobre sanidade animal, identificación animal, movemento pecuario, benestar e alimentación animal, e a propia dos programas nacionais de vixilancia, loita, control e erradicación de enfermidades dos animais.

b) Terán a obriga de cumprir o contido do artigo 17 do Real decreto 2611/1996, do 20 de decembro, polo que se regulan os programas nacionais de erradicación de enfermidades dos animais e, por tanto, non se atoparán incursos en ningunha das circunstancias previstas no artigo 17.2 do citado Real decreto 2611/1996.

c) As explotacións afectadas estarán correctamente rexistradas na Comunidade Autónoma de Galicia, en concreto, figurarán inscritas e con todos os seus datos actualizados no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega), establecido polo Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, e no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga), regulado no Decreto 200/2012, do 4 de outubro, da Consellería do Medio Rural.

2. Para as axudas de compensacións complementarias por lucro cesante, ademais, comprobarase:

a) Que sexa efectivo o baleiro sanitario da explotación, co sacrificio obrigatorio da totalidade dos seus animais.

b) Que se cumpra o prazo de tempo para o período de baleiro (ou período de corentena) da explotación, sinalado pola autoridade sanitaria competente, ata que esta autorice a repoboación na explotación ou leve a cabo a súa desinmobilización.

3. Para as axudas á reposición de gando, ademais, comprobarase que se cumpren os seguintes requisitos:

a) En todos os casos, ter sacrificado obrigatoriamente aqueles animais de especies susceptibles de padeceren a enfermidade e que foron diagnosticados positivos ou sospeitosos.

b) Ter efectuado previamente, antes da reposición dos animais, a limpeza e desinfección da explotación de acordo coa lexislación vixente e as instrucións da autoridade competente.

c) Cumprir a normativa establecida na Orde do 4 de abril de 1997 pola que se establecen as normas para o desenvolvemento das campañas de saneamento gandeiro das especies bovina, ovina e cabrúa.

d) Canto aos animais adquiridos polos cales se solicita axuda, os da especie bovina procederán dunha unidade veterinaria local con prevalencia de tuberculose inferior ao 1 % e libre de brucelose, ou de países libres ou oficialmente indemnes de tuberculose e brucelose, e de explotacións con cualificación sanitaria T3 e B4 e libres de encefalopatías esponxiformes transmisibles; e os das especies ovina e cabrúa deberán proceder de unidades veterinarias locais libres de brucelose, ou de países libres ou oficialmente indemnes de brucelose, e de explotacións con cualificación sanitaria M4 e tamén libres de EET.

e) Unicamente se subvencionará a reposición efectuada con animais para manter na explotación un nivel de produción similar ao existente con anterioridade ao sacrificio.

4. Os servizos de gandaría provinciais da Consellería do Medio Rural, como órganos competentes para a tramitación dos procedementos de concesión das axudas reguladas nesta orde, comprobarán o cumprimento dos requisitos descritos nos tres puntos anteriores.

Artigo 4. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades», co obxecto de xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, A Coruña, ou a través dun correo electrónico a sxt.medio-rural@xunta.gal

Artigo 5. Inicio dos procedementos: presentación de solicitudes

1. Os procedementos de concesión das axudas iniciaranse por instancia de parte, coa presentación das solicitudes de axuda por parte das persoas interesadas e empregando os seguintes formularios que figuran como anexos nesta orde:

a) Para as axudas de compensacións complementarias por lucro cesante (do capítulo I desta orde), o anexo II para solicitar o período de baleiro da explotación (corresponde ao procedemento MR553A) e o anexo III para solicitar o período de tres meses posterior ao do baleiro (corresponde ao procedemento MR553B).

b) Para solicitar as axudas para a compra de gando bovino, ovino e cabrún para a reposición (do capítulo II desta orde), o anexo IV (corresponde ao procedemento MR550A).

2. Cando as axudas correspondan a unha pluralidade de persoas, poderán ser formuladas nunha única solicitude, por medio de representante legalmente habilitado e, na súa falta, co que figure en primeiro termo. Neste suposto, a presentación da solicitude destes procedementos inclúe un modelo de pluralidade de persoas solicitantes. Para facilitar este trámite, a sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas este e outros modelos normalizados.

3. Cada solicitude inclúe unha declaración responsable de titularidade de conta bancaria. Nela, a persoa solicitante anotará os datos bancarios que corresponderán ao titular da explotación, para os efectos de pagamento das axudas e, así mesmo, declarará a súa veracidade.

Artigo 6. Consentimentos e autorizacións

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos en poder das administracións públicas. Só no caso de oposición expresa no modelo de solicitude, as persoas interesadas deberán achegar os documentos acreditativos correspondentes. No caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a súa presentación.

2. A presentación da solicitude de concesión de axuda pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante ou representante poderá denegar expresamente o consentimento e neste caso deberá presentar as certificacións nos termos previstos regulamentariamente.

3. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a consellería publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, poidan impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

4. De acordo co establecido no artigo 30 da Lei estatal 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, que introduciu diversas modificacións na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o contido desta convocatoria será publicado na Base de datos nacional de subvencións, nos termos recollidos no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro.

Artigo 7. Lugar e forma de presentación das solicitudes de iniciación

As persoas interesadas deberán cumprir o establecido nos artigos 14, 16 e 66 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas:

1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia
(https://sede.xunta.gal).

A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas e as persoas representantes dunha persoa xurídica.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. Para aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 8. Lugar e forma de presentación da documentación complementaria

As persoas interesadas deberán cumprir o establecido nos artigos 14, 16 e 66 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas:

1. A documentación complementaria será presentada por vía electrónica por aquelas persoas obrigadas a isto. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

2. A documentación complementaria, e só para o caso daquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, tamén poderá presentarse por vía electrónica ou en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.

Artigo 9. Modelos normalizados

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén poderán presentalas presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 10. Emenda e mellora da solicitude

A persoa interesada que non presente a solicitude (anexos II, III e IV) correctamente cuberta ou non entregue a documentación complementaria que corresponda, ou ben non emende a falta, os datos ou os documentos erróneos, no prazo de dez días hábiles (excluíndo do cómputo os sábados, os domingos e os declarados festivos), desde o momento en que llo notifique o servizo de Gandaría provincial, terase por desistida da súa petición, segundo o establecido no artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ditada resolución para o efecto nos termos previstos no artigo 21 da citada Lei 39/2015.

Artigo 11. Criterios regulamentarios de aplicación nas fases do procedemento

Durante a tramitación das axudas establecidas nesta orde cumpriranse os seguintes criterios:

1. A axuda unicamente se concederá en relación coas enfermidades animais que figuran na lista de enfermidades animais elaborada pola Organización Mundial de Sanidade Animal (OIE) ou as enfermidades dos animais e zoonoses enumeradas nos anexos I e II do Regulamento (UE) nº 652/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio.

2. A axuda só se pagará en relación con enfermidades animais para as cales existan disposicións nacionais ou da Unión Europea, de carácter legal, regulamentario ou administrativo, e como parte dun programa público a nivel da Unión, nacional ou rexional para a prevención, control ou erradicación da enfermidade animal de que se trate.

3. Estas axudas, destinadas a reparar os danos causados por enfermidades animais, limitaranse ás perdas ocasionadas polas enfermidades cuxos focos fosen oficialmente recoñecidos polas autoridades competentes.

4. Restaranse do importe máximo da axuda os pagamentos recibidos en virtude de pólizas de seguros e por calquera outra medida para os mesmos custos subvencionables e, así mesmo, os custos que non fosen directamente provocados pola enfermidade animal e que noutras circunstancias a persoa beneficiaria tería efectuado.

5. Non se poderán conceder axudas por medidas cuxo custo, segundo o establecido pola normativa da Unión, deba ser sufragado pola persoa beneficiaria, salvo que ese custo sexa totalmente compensado por exaccións obrigatorias pagadas polas persoas beneficiarias.

6. Este réxime de axudas pagarase nun prazo de catro anos a partir da data en que a enfermidade animal ocasionou o custo ou a perda.

Artigo 12. Disposicións na instrución do procedemento

1. Segundo o procedemento de concesión que se iniciase (do capítulo I ou II), e unha vez reunidas as solicitudes das axudas (anexos II, III ou IV) que procedan xunto coa súa correspondente documentación, os servizos provinciais de gandaría remitirán á Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias os seus informes para proposta de resolución (un informe para cada solicitude de axuda), xunto con toda a documentación dos expedientes, para a súa supervisión polos órganos xestores da dita dirección.

2. A persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias emitirá as correspondentes propostas de resolución.

3. As propostas de resolución remitiranse á persoa titular da Consellería do Medio Rural, para os efectos de resolver as axudas.

4. Os órganos xestores tramitarán durante o ano 2017, ademais das axudas correspondentes a ese ano, todas as axudas de compensacións complementarias e as axudas á reposición de gando que quedasen pendentes do ano 2016.

Artigo 13. Cómputo de prazos

1. A tramitación do procedemento de concesión das axudas establecidas nesta orde levarase a cabo durante todo o exercicio orzamentario do ano 2017.

2. O prazo para a presentación de solicitudes e, se é o caso, da correspondente documentación, será desde o día seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o día 30 de novembro de 2017, incluíndo ambas as dúas datas no cómputo do prazo.

Artigo 14. Resolución

1. A resolución dos expedientes das axudas recollidas nesta orde corresponde á persoa titular da Consellería do Medio Rural, que a emitirá no prazo máximo de cinco meses contados desde o inicio do procedemento de concesión da axuda. Transcorrido o dito prazo sen que se dite resolución expresa, poderá entenderse denegada a solicitude de axuda por silencio administrativo.

2. Modificación da resolución. A resolución de concesión da axuda poderá ser modificada:

a) Por alteración das condicións que se tiveron en conta para a concesión.

b) Pola obtención concorrente da mesma axuda outorgada por outras administracións (da UE, nacionais, internacionais, autonómicas), de maneira que se supere a intensidade máxima establecida para a axuda.

Artigo 15. Notificación

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos e en todo caso cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia Notific@, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións, mediante un correo electrónico dirixido á conta de correo que conste na solicitude para os efectos de notificación. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida polo interesado, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se accedese ao seu contido.

4. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 16. Recursos

Contra as resolucións expresas ou presuntas dos expedientes tramitados en aplicación desta orde poderanse interpor os seguintes recursos:

1. Recurso potestativo de reposición, ante a conselleira do Medio Rural, e segundo os artigos 112, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas:

a) No prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, se a resolución foi expresa.

b) Nos casos de resolución presunta poderá interpoñerse o recurso de reposición en calquera momento, desde o día seguinte a aquel en que se entenda denegada a axuda.

2. Recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se é expresa, e de acordo co previsto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Artigo 17. Réxime de compatibilidade

1. O réxime de axudas de Estado regulado nesta orde será compatible con calquera outra axuda que se poida obter das distintas administracións (da UE, internacionais, nacionais, autonómicas) para a mesma finalidade, sempre que a contía en concorrencia de todas elas non supere a intensidade máxima da axuda, que para este réxime de axudas é do 100 % dos custos subvencionables, e en cumprimento do establecido nos artigos 8 e 26 do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño (DOUE do 1 de xullo, L 193/1).

2. Para as axudas de compensacións complementarias por lucro cesante (capítulo I desta orde), no suposto de que se engadan varias axudas, o importe acumulado da axuda concedida non poderá exceder nunca o 100 % dos custos reais soportados.

3. Para as axudas para a compra de animais de reposición (capítulo II desta orde), o importe total das axudas de reposición en ningún caso poderá superar, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas destinadas para o mesmo fin, o custo da reposición.

4. Neste ámbito de acumulación de axudas, os formularios de solicitude recollidos nesta orde (anexo II-procedemento MR553A, anexo III-procedemento MR553B e anexo IV-procedemento MR550A) inclúen unha declaración responsable da persoa solicitante, en relación con outras axudas concedidas ou solicitadas para a mesma finalidade.

Artigo 18. Reintegro

1. O incumprimento pola persoa solicitante de calquera das condicións establecidas nesta orde dará lugar á devolución, se é o caso, das cantidades indebidamente percibidas.

2. Igualmente, a persoa solicitante terá a obriga do reintegro nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sen prexuízo doutras responsabilidades que procedan no cumprimento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Artigo 19. Xustificación

1. Os expedientes de concesión das axudas establecidas nesta orde iniciaranse cando as persoas interesadas presenten a solicitude da axuda (anexo II, III, ou IV) e, se é o caso, a documentación complementaria que corresponda, segundo o procedemento de que se trate (MR553A, MR553B ou MR550A).

2. Nas axudas de compensacións complementarias por lucro cesante, as persoas beneficiarias deberán xustificar:

a) Antes de solicitar o segundo período da axuda (período de postautorización á reintrodución de gando), e só para os casos en que sexa requirido polo servizo de Gandaría provincial, que levaron a cabo os labores de hixiene e desinfección da explotación afectada.

b) As clases de pólizas de seguros gandeiros que posúan como persoas titulares aseguradas e, se é o caso, os importes que percibiron polos animais sacrificados por mor do baleiro sanitario (pola perda da produción na explotación) e en virtude da póliza que cubra estas garantías.

3. Nas axudas para a compra de animais de reposición, as persoas beneficiarias deberán xustificar:

a) A compra das reses polas cales solicitan axuda mediante documento acreditativo (factura, contrato privado de compravenda...), e que o dito gasto realizado foi efectivamente pagado, mediante un documento de entidade financeira acreditativo dun movemento bancario.

b) Que levaron a cabo a reposición ou incorporación dos animais na súa explotación, só para os casos en que este feito sexa requirido polo servizo de Gandaría provincial.

4. O incumprimento pola persoa solicitante de calquera das condicións ou requisitos recollidos nesta orde dará lugar á perda do dereito á axuda.

Artigo 20. Pagamento

1. O pagamento das axudas tramitarase logo dos órganos xestores do procedemento de concesión comprobaren o cumprimento das condicións e os requisitos establecidos nesta orde.

2. Así mesmo, o pagamento estará suxeito ás dispoñibilidades de crédito vixentes.

Artigo 21. Controis

1. A Consellería do Medio Rural poderá realizar os controis administrativos e as inspeccións que considere oportunos, co fin de comprobar a veracidade dos datos comunicados e da documentación presentada, así como para verificar o cumprimento dos requisitos para a percepción das axudas. A persoa solicitante estará obrigada a colaborar nos controis e nas inspeccións, proporcionando os datos requiridos e facilitando, se é o caso, o acceso á explotación.

2. Neste marco, as persoas solicitantes terán a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida polos órganos xestores, así como pola Intervención xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas e o Tribunal de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

Artigo 22. Financiamento

1. As axudas establecidas nesta orde, tanto as xeradas durante o ano 2017 como as que non puideron ser tidas en conta durante o ano 2016, financiaranse con cargo á seguinte aplicación orzamentaria dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017:

13.03.713E.771.1, cunha dotación de 300.000 € (trescentos mil euros).

Proxecto 2012 00741.

2. A convocatoria para a concesión destas axudas tramítase de acordo co establecido no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no cal se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto. Por iso, a súa eficacia queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o próximo ano 2017, no momento da resolución de concesión.

TÍTULO II
Disposicións específicas

CAPÍTULO I
Axudas de compensacións complementarias por lucro cesante

Artigo 23. Contía das compensacións complementarias

1. O importe das compensacións complementarias por lucro cesante en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún será determinado con base nos cálculos aplicados ás marxes brutas das principais actividades produtivas gandeiras das explotacións, que se xuntan como anexo I a esta orde, tendo en conta o período de inactividade da explotación desde o día seguinte a aquel en que sexa efectivo o seu baleiro sanitario (a data real do baleiro é a data de sacrificio do último animal que saíu da explotación) e que fose ordenado pola autoridade competente.

2. Estas axudas constan de dous períodos de tempo na súa tramitación e no seu pagamento:

a) O tempo de baleiro da explotación ou período de corentena (corresponde ao procedemento MR553A) é o período de tempo desde o día seguinte á data efectiva do baleiro sanitario ata a data de autorización oficial á incorporación de animais de novo á explotación (data de desinmobilización da explotación).

b) Os tres meses posteriores ao período de baleiro, contados desde o mesmo día en que se autorice oficialmente a reintrodución de animais ou data de desinmobilización da explotación (corresponde ao procedemento MR553B).

3. Os cálculos para a determinación das compensacións faranse multiplicando o valor en euros da marxe bruta de cada unidade de produción polo número de unidades de produción que consten como datos oficiais referidos á explotación afectada na Consellería do Medio Rural. Resultará, así, un importe anual que, dividido entre 365 días, determinará o importe diario, que será multiplicado polo número de días de inactividade.

En caso de recuperación parcial da actividade serían descontados, para os días restantes, os importes das unidades de produción correspondentes.

Sección 1ª. Instrución do procedemento para os baleiros sanitarios do ano 2016

Artigo 24. As solicitudes nos dous períodos das axudas

Para os baleiros sanitarios decretados pola autoridade competente durante o ano 2016, en que as persoas titulares desas explotacións teñan aínda pendentes de que se emita unha ou ambas as dúas resolucións de aprobación de importes das axudas ao lucro cesante:

1. As persoas interesadas que non presentasen durante o ano 2016 a solicitude de axuda correspondente ao tempo de baleiro da explotación deberán presentar o formulario de solicitude que figura como anexo II desta orde (procedemento MR553A), especificando que corresponde a un baleiro sanitario do ano 2016.

2. As persoas interesadas que non presentaron durante o ano 2016 a solicitude de axuda correspondente aos tres meses posteriores á autorización de incorporación de gando deberán presentar, cando dispoñan da dita autorización, o formulario de solicitude que figura como anexo III desta orde (procedemento MR553B), especificando que corresponde a un baleiro sanitario do ano 2016.

3. Se é o caso, a persoa interesada presentará ambos os dous anexos (II e III) se non os presentou durante o ano 2016, para solicitar as axudas correspondentes aos dous períodos.

4. Para as persoas interesadas que si presentaron en tempo e forma durante o ano 2016 un ou ambos os dous formularios de solicitude (anexos II e III), seralles de aplicación a apreciación que se recolle na disposición adicional terceira desta orde e non será necesario que presenten de novo as citadas solicitudes no ano 2017.

5. Así mesmo, terase en conta que a solicitude de cada período da axuda vai ligada e deberá presentarse, se é o caso, a cada subexplotación gandeira (a cada especie animal) afectada por un baleiro sanitario.

Artigo 25. Presentación da documentación complementaria

1. Xunto coa solicitude que corresponda (unha ou ambas as dúas), a persoa interesada deberá achegar a documentación complementaria requirida no artigo 28.1 desta orde, que non fose xa presentada xunto coa solicitude do ano 2016 ou que sufrise modificacións.

2. Neste ámbito, así mesmo, a persoa solicitante terá en conta que tamén é de aplicación o contido do artigo 28.3 desta orde.

Artigo 26. Documentación que achegará a Administración

A Administración actuante xestionará a obtención da documentación establecida no artigo 29 desta orde para achegala, en cada caso, aos respectivos expedientes.

Sección 2ª. Instrución do procedemento para os baleiros sanitarios do ano 2017

Artigo 27. Disposicións para as solicitudes de iniciación

Para os baleiros sanitarios decretados pola autoridade competente durante o ano 2017, as solicitudes de axuda deberanse presentar, se é o caso, para cada subexplotación gandeira (para cada especie animal) afectada, e en dous períodos de tempo diferentes:

1. A primeira solicitude, polo tempo de baleiro da explotación; a persoa interesada presentaraa dentro do primeiro mes posterior á data en que se lle notifique a resolución de baleiro/sacrificio decretada pola autoridade competente, despois de ser efectivo o sacrificio do último animal da explotación, e empregará o modelo que se recolle como anexo II desta orde (procedemento MR553A), especificando que corresponde a un baleiro sanitario do ano 2017.

2. A segunda solicitude, polos tres meses posteriores á data en que se autorice oficialmente a reintrodución de animais na explotación; a persoa interesada presentaraa dentro do primeiro mes posterior á data en que lle sexa entregado o documento oficial que autoriza a incorporación de gando ou notificación da data de desinmobilización (finalizando neste momento o período de baleiro), e empregará o modelo que se recolle como anexo III desta orde (procedemento MR553B), especificando que corresponde a un baleiro sanitario do ano 2017.

3. Para ter dereito á totalidade da axuda ao lucro cesante (e para cada subexplotación), será necesario que a persoa interesada presente a segunda solicitude (ademais da primeira), vaia levar a cabo compras de animais para repoñer na explotación nos tres meses ou non.

Artigo 28. Presentación de documentación complementaria

1. Xunto coa primeira solicitude, a persoa interesada deberá achegar, segundo o caso de que se trate, a seguinte documentación complementaria:

a) Copia do NIF da persoa xurídica ou da entidade sen personalidade xurídica solicitante, no caso de que se denegue expresamente a súa consulta e copia do DNI do seu representante, ou copia do DNI da persoa física solicitante. A copia do DNI deberase presentar só no caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta electrónica automatizada indicándoo no cadro correspondente.

b) Se o/a solicitante é unha persoa xurídica ou unha entidade sen personalidade xurídica, copias dos documentos de constitución da entidade e dos seus estatutos.

c) No caso de representación (da persoa solicitante), documento acreditativo da representación, por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna da súa existencia. O representante deberá ser unha persoa física con capacidade de obrar.

d) Documentos acreditativos das pólizas de seguros gandeiros que se posúan. Se é o caso, a persoa interesada presentará a póliza de seguro contratada completa, con todas as súas follas (garantías básicas e adicionais, compensacións, apéndices, etc.), e correspondente á liña e ao plan anual relacionados coa perda da produción na explotación e vixentes no momento/data do baleiro sanitario. Así mesmo, se a persoa titular da explotación e asegurada percibiu importes polos animais sacrificados por mor do baleiro sanitario (pola perda de produción), achegará un documento emitido pola empresa aseguradora xustificativo deles.

2. Ao respecto da documentación complementaria que acompañará, se é o caso, a segunda solicitude, se houber algunha modificación nos documentos presentados coa primeira solicitude e citados no punto 1 anterior, a persoa interesada deberá achegar os novos xunto con esta solicitude.

3. Así mesmo, sempre que se realice a presentación de documentación separadamente dos formularios principais (anexos II e III), a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

Artigo 29. Documentación que achegará a Administración

O interesado non estará obrigado a presentar a seguinte documentación, en virtude do disposto no artigo 28.2 da Lei 39/2015, sempre que dese o seu consentimento a que sexan consultados, consulta que se presumirá agás que conste no anexo de solicitude a súa oposición expresa.

Neses supostos, e co fin de reducir as cargas administrativas ás persoas beneficiarias, os xestores (dos servizos de Gandaría e da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias) deste réxime de axudas da Consellería do Medio Rural encargaranse da obtención da seguinte documentación e xuntaranlla aos correspondentes expedientes:

1. As certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e para acreditar o cumprimento das obrigas por parte da persoa solicitante das axudas respecto ás citadas administracións. A documentación deste punto 1 achegaraa a Administración para todos os expedientes en que a persoa solicitante non denegue expresamente o seu consentimento.

2. Certificado emitido polo xefe do servizo de Gandaría provincial, que acreditará que a subexplotación gandeira de que se trate realizou o baleiro sanitario e recolle a listaxe de animais sacrificados con dereito á axuda ao lucro cesante. Este documento xuntarase ao anexo II e á documentación complementaria correspondente ao período de baleiro da axuda (procedemento MR553A), e non será necesario xuntalo de novo ao expediente do segundo período da axuda ou período de postautorización á reintrodución (procedemento MR553B).

3. Documento obtido polos xestores destas axudas das bases de datos da Consellería do Medio Rural que informa se a subexplotación incorporou ou non animais e os datos relacionados coa dita reposición (identificación dos animais, data da entrada na explotación, etc.), e que se incluirá no expediente do segundo período da axuda.

4. Para as subexplotacións con clasificación zootécnica de reprodución para produción de carne ou para produción mixta, informe/certificado da existencia ou non de animais elixibles para o ano 2017 na subexplotación afectada e, se for o caso, o número de elixibles, calculados segundo o disposto no Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, sobre a aplicación a partir de 2015 dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e outros réximes de axuda, así como sobre a xestión e o control dos pagamentos directos e dos pagamentos ao desenvolvemento rural, e que será emitido polo correspondente xefe do servizo territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) da Consellería do Medio Rural.

5. Para as subexplotacións con clasificación zootécnica de reprodución para produción de leite ou para produción mixta, informe/certificado da produción total de leite nun ano (quilogramos de leite/ano), que é o leite entregado á industria máis o leite utilizado para a venda directa, e será emitido polo xefe do Servizo do Sector Lácteo e Mercados Agrícolas (do Fogga) da Consellería do Medio Rural.

6. Documento obtido polos xestores destas axudas, das bases de datos da Consellería do Medio Rural, que acredita a clasificación zootécnica da subexplotación a que pertencían os animais sacrificados.

CAPÍTULO II
Axudas para a compra de gando bovino, ovino e cabrún para a reposición

Artigo 30. Contías básicas das axudas para a reposición

As axudas para a compra de animais bovinos, ovinos e cabrúns destinados á reposición poderán concederse nas contías básicas e cos límites seguintes:

1. 500 euros por animal adquirido da especie bovina e 50 euros por animal comprado para o gando ovino e o cabrún (houbese ou non baleiro sanitario na subexplotación); estes importes por animal serán incrementados nun 10 % se a explotación pertencía a unha asociación de defensa sanitaria gandeira (ADSG) nos casos e datas seguintes, e no marco do artigo 1.2 desta orde:

a) No caso de animais sacrificados por mor da execución dos programas de erradicación da tuberculose bovina, brucelose bovina e brucelose ovina e cabrúa, e o programa de vixilancia da leucose bovina, e segundo o ano a que correspondese cada programa, en calquera data anterior á data en que se realizou na subexplotación a primeira proba sanitaria oficial do programa en que se detectaron animais sospeitosos/positivos, ou ben unha data anterior á data en que os servizos veterinarios oficiais do matadoiro atoparon no animal lesións compatibles coa enfermidade.

b) No caso de animais sacrificados por mor da execución dos programas de encefalopatías esponxiformes transmisibles e da lingua azul, e segundo o ano a que correspondese cada programa, será a data en que a autoridade competente determinou o sacrificio do animal, se este se efectuou por sospeita, ou a data en que o laboratorio oficial emitiu o ditame de positividade, se o animal non fose previamente sacrificado.

2. Para os efectos de determinar a axuda que se vai recibir, calcularase o importe medio percibido por animal sacrificado (valor da unidade sacrificada, do cal se beneficiou a persoa titular da explotación), que será o valor resultante de dividir as cantidades totais percibidas en concepto de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais, os importes das canais no matadoiro ou na comercialización dos animais e os importes do seguro gandeiro (este último, se é o caso), entre o número total de animais sacrificados.

Levarase a cabo o pagamento completo da contía básica sinalada no punto 1 deste artigo sempre que a diferenza entre o valor ou prezo de compra do animal e o citado importe medio por animal sacrificado sexa un valor igual ou superior á dita contía básica. No caso de que o resultado da referida diferenza fose un valor inferior á contía básica, pagarase como contía da axuda o dito importe inferior.

3. Tendo en conta os importes establecidos nos puntos 1 e 2, o importe total das contías básicas será ata un máximo de 20.000 euros por persoa beneficiaria nos casos de baleiro sanitario da subexplotación, e ata un máximo de 12.000 euros por persoa beneficiaria nos casos en que non se realizase o baleiro sanitario.

Artigo 31. Contía adicional para o gando bovino

Ademais das contías básicas do artigo 30, poderá concederse unha contía adicional para cada animal bovino comprado nos seguintes casos:

1. Se os animais bovinos sacrificados pertencían a subexplotacións incluídas en núcleos de control leiteiro oficial, nun importe por animal igual ao resultado de multiplicar:

0,15 euros polos quilos de leite resultantes de aplicar a diferenza entre o rendemento leiteiro medio das lactacións válidas finalizadas de, polo menos, o 60 % das femias da subexplotación con maior rendemento e a cantidade de 6.700 quilos.

2. Se os animais bovinos sacrificados tiñan menos de 12 anos de idade na data do seu sacrificio, pertencían a unha raza pura cárnica e estaban inscritos no libro xenealóxico da citada raza, poderase engadir unha contía adicional por animal de:

150 € en animais sacrificados con cualificación morfolóxica de 65 a 72 puntos.

300 € en animais sacrificados con cualificación morfolóxica de 73 a 80 puntos.

450 € en animais sacrificados con cualificación morfolóxica de máis de 80 puntos.

Aplicarase a cualificación morfolóxica que se recolla na carta xenealóxica do animal.

O límite máximo por persoa beneficiaria, tendo en conta tamén esta contía adicional, será de 36.000 euros.

Artigo 32. Número de reses con dereito ás axudas

O número de reses obxecto das axudas á reposición non poderá ser superior, en ningún caso, ao número de animais que estivesen asignados a esa subexplotación na base de datos oficial da Consellería do Medio Rural e que sufrisen o sacrificio obrigatorio/eutanasia ou morresen por enfermidade sometida a un programa ou actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación.

Sección 1ª. Instrución do procedemento para as axudas á reposición do ano 2016

Artigo 33. As solicitudes de axudas pendentes do ano 2016

Para as axudas á reposición do ano 2016 que quedasen pendentes de tramitación e de pagamento, e para cada subexplotación gandeira afectada (para cada especie animal):

1. As persoas interesadas que non presentaron durante o ano 2016 as solicitudes de axudas correspondentes a compras de animais que realizaron con anterioridade á data do 1 de xaneiro de 2017 deberán presentar unha única solicitude para todas elas empregando o formulario que se recolle como anexo IV desta orde (procedemento MR550A).

2. Ás persoas interesadas que si presentaron en tempo e forma durante o ano 2016 os correspondentes formularios de solicitude (anexo IV) para as compras de animais que levaron a cabo, seralles de aplicación a apreciación que se recolle na disposición adicional terceira desta orde e non será necesario que presenten de novo esas mesmas solicitudes no ano 2017.

Artigo 34. Documentación complementaria pendente do ano 2016

1. Se for o caso, xunto coa solicitude, a persoa interesada deberá achegar a documentación complementaria requirida no artigo 37.1 desta orde que non fose xa presentada xunto coa solicitude do ano 2016 ou que sufrise modificacións.

2. Neste ámbito, así mesmo, a persoa solicitante terá en conta que tamén é de aplicación o contido do artigo 37.3 desta orde.

Artigo 35. Documentación pendente que achegará a Administración

A Administración actuante xestionará a obtención da documentación establecida no artigo 38 desta orde para xuntala, en cada caso, aos respectivos expedientes.

Sección 2ª. Instrución do procedemento para as axudas á reposición do ano 2017

Artigo 36. Disposición para as solicitudes de iniciación

Para as axudas á reposición do ano 2017, as persoas interesadas presentarán unha solicitude cada vez que demanden a axuda pola compra de animais, para cada subexplotación gandeira afectada, empregando o formulario que se recolle como anexo IV desta orde (procedemento MR550A).

Artigo 37. Presentación de documentación complementaria

1. Xunto coa primeira solicitude correspondente a compras do ano 2017, e logo de ter a explotación autorización para a reintrodución de animais (ou explotación desinmobilizada), as persoas interesadas achegarán a seguinte documentación complementaria, segundo o caso de que se trate:

a) Copia do NIF da persoa xurídica ou da entidade sen personalidade xurídica solicitante no caso de que se denegue expresamente a súa consulta, e copia do DNI do seu representante, ou copia do DNI da persoa física solicitante. A copia do DNI deberase presentar só no caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta electrónica automatizada indicándoo no cadro correspondente.

b) Se o/a solicitante é unha persoa xurídica ou unha entidade sen personalidade xurídica, copias dos documentos de constitución da entidade e dos seus estatutos.

c) No caso de representación (da persoa solicitante), documento acreditativo da representación por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna da súa existencia. O representante deberá ser unha persoa física con capacidade de obrar.

d) Documentos acreditativos das pólizas de seguros gandeiros que se posúan. Se é o caso, a persoa interesada presentará a póliza de seguro contratada completa, con todas as súas follas (garantías básicas e adicionais, compensacións, apéndices, etc.) e correspondente á liña e ao plan anual relacionados coa cobertura de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais, en cumprimento do programa ou actuación oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación da enfermidade que causou o dito sacrificio. Así mesmo, neste marco, se a persoa titular da explotación e asegurada percibiu importes polos animais sacrificados, achegará un documento emitido pola empresa aseguradora xustificativo deles.

e) Se é o caso, se os animais bovinos sacrificados foren de raza cárnica e estiveren inscritos no libro xenealóxico da raza, a persoa solicitante presentará unha copia da carta xenealóxica dos animais sacrificados en que se recolla a cualificación morfolóxica, e que será emitida pola entidade xestora do libro xenealóxico da raza.

f) Se é o caso, xustificantes do valor económico obtido na comercialización dos animais (antes do seu sacrificio obrigatorio); estes documentos recollerán, como mínimo, a data en que se venderon os animais, os datos da persoa solicitante da axuda (persoa vendedora), os datos da persoa que comprou os animais e os importes individualizados percibidos por cada animal.

g) Se é o caso, xustificantes do importe percibido polas canais no matadoiro; estes documentos recollerán, como mínimo, as datas de sacrificio dos animais, os importes individualizados percibidos por cada canal, os datos da persoa solicitante da axuda e perceptora dos ditos importes e os datos do matadoiro.

h) Facturas ou documentos equivalentes válidos en dereito (contrato privado de compravenda, etc.) que acrediten a compra dos animais polos cales se solicita a axuda; estes documentos recollerán a data efectiva da compra, os datos da persoa solicitante da axuda (persoa compradora), os datos da persoa que vendeu os animais, e os importes desagregados pagados por cada animal.

i) Documento da entidade financeira (banco/caixa) que acredite o movemento bancario entre dúas contas bancarias distintas (dous códigos IBAN), unha cos datos bancarios da persoa compradora e solicitante da axuda e outra cos datos bancarios da persoa vendedora, e que será o xustificante dos pagamentos das facturas ou documentos de compra das reses de reposición. O dito documento bancario/caixa deberá recoller como «ordenante» da transferencia a persoa solicitante da axuda ou compradora, ou ben os datos de todos os titulares/cotitulares da conta bancaria desde a cal se realiza o pagamento efectivo dos animais comprados.

2. No caso de presentar máis solicitudes de axuda ao longo do ano, as persoas interesadas achegarán con cada unha delas a correspondente documentación complementaria das alíneas h) e i) do punto 1 anterior. Ademais, se o consideran oportuno ou por modificacións na documentación xa presentada, poderán achegar calquera outro documento dos sinalados no citado punto 1.

3. Así mesmo, sempre que se realice a presentación de documentación separadamente do formulario principal (anexo IV), a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

Artigo 38. Documentación que achegará a Administración

O interesado non estará obrigado a presentar a seguinte documentación, en virtude do disposto no artigo 28.2 da Lei 39/2015, sempre que dese o seu consentimento a que sexan consultados, consulta que se presumirá, agás que conste no anexo de solicitude a súa oposición expresa.

Neses supostos, e co fin de reducir as cargas administrativas ás persoas beneficiarias, os servizos de gandaría provinciais da Consellería do Medio Rural e, se for necesario, os xestores da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias xestionarán a obtención da seguinte documentación e xuntarana aos correspondentes expedientes:

1. As certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e para acreditar o cumprimento das obrigas por parte da persoa solicitante das axudas respecto ás citadas administracións. A documentación deste punto 1 achegaraa a Administración para todos os expedientes en que a persoa solicitante non denegue expresamente o seu consentimento.

2. Documento obtido das bases de datos da Consellería do Medio Rural que é o xustificante da pertenza ou non da subexplotación a unha ADSG (agrupación de defensa sanitaria gandeira), para os efectos do incremento na contía da axuda, se é o caso, e segundo o artigo 30.1 desta orde.

3. Documento obtido das bases de datos da Consellería do Medio Rural que acredita a clasificación zootécnica da subexplotación a que pertencían os animais que se sacrificaron.

4. Se é o caso, para as subexplotacións con clasificación zootécnica «produción de leite» ou «produción mixta», o certificado coas producións leiteiras das vacas, para as explotacións incluídas no control leiteiro oficial, e para os efectos da contía adicional da axuda establecida no artigo 31 desta orde. O dito certificado será emitido polo xefe do Servizo de Producións Gandeiras e Benestar Animal da Consellería do Medio Rural, o cal tamén certificará as explotacións que non estean en núcleos de control leiteiro oficial.

Disposición adicional primeira

Para todos os aspectos non regulados na presente orde aplicaráselles o disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, e na Lei 38/2003, xeral de subvencións.

Disposición adicional segunda

1. A liña de axudas de Estado establecida nesta orde axústase ao disposto no Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea (DOUE do 1 de xullo, L 193/1). En concreto, o principal obxectivo desta liña de axudas é compensar ás pemes polas perdas que lles causaron as enfermidades animais, tal e como informa o artigo 26 deste regulamento.

2. Este réxime de axudas estatais foi comunicado á Comisión Europea, que o rexistrou co número de axuda SA.40482 (2015/XA). Así mesmo, atópase publicado na web da Comisión coa data do 3 de xuño de 2015.

3. A tramitación e o pagamento destas axudas quedará, en todo caso, condicionado a que os órganos competentes da Unión Europea non formulen obxeccións contra elas e ás posibles observacións e modificacións derivadas de tales pronunciamentos.

Disposición adicional terceira

No caso de que durante a instrución do ano 2016 haxa solicitudes das axudas presentadas en tempo e forma por persoas interesadas (dos procedementos MR553A, MR553B, e MR550A), así como informes para proposta de resolución emitidos polos servizos de gandaría provinciais, e ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2015 da Consellería do Medio Rural, que rexía a concesión destas axudas, e que non se puidesen tramitar durante o ano 2016, teranse en conta no procedemento de concesión destas axudas para o ano 2017 e ao abeiro desta orde, e para os expedientes dos procedementos MR553A, MR553B e MR550A xa iniciados, sen necesidade de que as ditas persoas interesadas presenten un novo formulario de solicitude normalizada para elas, nin tampouco que os servizos de gandaría provinciais emitan novos informes para proposta de resolución se xa están xerados.

Disposición derradeira primeira

Facúltase a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias para ditar as instrucións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.

Disposición derradeira segunda

Esta orde terá eficacia desde o día seguinte ao da súa data de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2016

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural

ANEXO I
Axudas de compensacións complementarias

Marxes brutas das principais actividades produtivas gandeiras das explotacións (valor en euros/unidade).

Actividade

Unidades de produción

Características

Pdto.
bruto

G. variable

Marxe bruta

Cabrún

Nai

Sen primas

102,17

9,62

92,56

Ovino

Nai

Sen primas

60,10

9,62

50,49

Vacún de carne

Femia

Elixibles

1.047,00

358,73

688,27

Vacún de carne

Femia

Non elixibles

857,04

358,20

498,84

Vacún de leite

kg leite/ano

<50.000 kg/explotación

0,33

0,15

0,18

Vacún de leite

kg leite/ano

De 50.001 a 100.000 kg/explot.

0,33

0,14

0,19

Vacún de leite

kg leite/ano

>100.000 kg/explot.

0,35

0,15

0,20

Xatos ceba

Praza (1,25 xato)

0-8 meses

854,19

628,81

225,38

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file