Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2017 Páx. 1953

III. Outras disposicións

Consello Consultivo de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2017 pola que se fai público o acordo plenario polo que se designan os conselleiros integrantes da Sección de Estudos e Informes para o ano 2017.

De conformidade co establecido no artigo 18 do Decreto 91/2015, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia, esta presidencia

resolve:

Facer público o Acordo plenario do 4 de xaneiro de 2017, do Consello Consultivo de Galicia, polo que se designan os conselleiros integrantes da Sección de Estudos e Informes do Consello Consultivo para 2017, do teor literal seguinte:

«Segundo o disposto nos artigos 21 da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 18 do seu regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, o Pleno do Consello Consultivo de Galicia, na súa reunión do día 4 de xaneiro de 2017, acorda:

Primeiro. A designación do conselleiro electivo Ignacio de Loyola Aranguren Pérez como membro da Sección de Estudos e Informes.

Segundo. A designación do conselleiro nato Fernando Ignacio González Laxe como membro da Sección de Estudos e Informes.

Terceiro. Que, de acordo co número 2 do citado artigo 18, se publique este acordo no Diario Oficial de Galicia».

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2017

José Luis Costa Pillado
Presidente do Consello Consultivo de Galicia