Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2017 Páx. 2503

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 4 de xaneiro de 2017 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipado de gasto, do servizo de apoio técnico ao desenvolvemento do Proxecto Primare financiado polo programa operativo plurirrexional Feder Pocint (expediente 2017/PA/0011).

Advertido un erro no sumario da Resolución do 4 de xaneiro de 2017, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 8, do 12 de xaneiro, na páxina 1814, consistente na referencia, no título do anuncio, ao tipo de financiamento, cómpre facer a seguinte corrección.

Onde di:

«RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2017 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipado de gasto, do servizo de apoio técnico ao desenvolvemento do Proxecto Primare cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 2017/PA/0011)».

Debe dicir:

«RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2017 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipado de gasto, do servizo de apoio técnico ao desenvolvemento do Proxecto Primare financiado polo programa operativo plurirrexional Feder Pocint (expediente 2017/PA/0011)».

Esta corrección non afecta ao prazo de presentación das ofertas.