A Dirección de Augas de Galicia como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012, de delegación de competencias ditada pola Presidencia da entidade, e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou a seguinte actuación:
1. Entidade adxudicadora:
Organismo: Augas de Galicia.
Dependencia que tramita o expediente: contratación.
Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e desde a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://augas.cmati.xunta.es/
Tipo de contrato: obra.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto, con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.
Valor estimado do contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.
Vantaxe da oferta do adxudicatario: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, en que se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.
2. Obxecto do contrato: obra.
Descrición: mellora do colector do río Breiro, eliminación de pluviais e implantación de técnicas de drenaxe urbana sustentable. Boiro (A Coruña).
Número de expediente: OH.315.1028.
CPV (referencia de nomenclatura): 45232410-9.
Medio e data de publicación da licitación: DOG núm. 118, do 22 de xuño de 2016.
Orzamento base de licitación: importe neto: 1.717.011,10 euros. Importe total: 2.077.583,43 euros.
Data de adxudicación: 20 de decembro de 2016.
Importe de adxudicación. Importe neto: 1.318.149,42 euros. Importe total: 1.594.960,80 euros.
Data de formalización do contrato: 26 de decembro de 2016.
Contratista: Atlántica de Construcción y Medio Ambiente, S.L.
3. Cofinanciamento da Unión Europea.
A actuación referida no punto 2) anterior está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. A actuación enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 6: conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos. Prioridade de investimento 6.2: o investimento no sector da auga para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de ambiente e para abordar as necesidades, determinadas polos Estados membros, dun investimento que vaia máis alá dos ditos requisitos. Obxectivo específico 6.2.1: culminar os requisitos da Directiva marco da Auga a través do investimento en infraestruturas de saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, e mellora da calidade da auga. Unha maneira de facer Europa.
4. Outras informacións:
A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.
O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2016
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia