Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2017 Páx. 2483

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 2 de xaneiro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2015/81-1, no concello de Narón.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio convócase a todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT, RBT Curro de Arriba, no concello de Narón (expediente IN407A 2015/81-1), acto que terá lugar sobre o terreo segundo o calendario e os datos que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 2 de xaneiro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2015/81-1.

Entidade beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: LMT, CT, RBT Curro de Arriba.

Paraxe: Areosa.

Concello: Narón.

Predio

Titulares propostos

Incidencia

Data

Hora

1

Herdeiros de José Freire López

Enderezo ignorado

23.2.2017

11.00