Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2017 Páx. 2480

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 29 de decembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, polo que se notifican as resolucións dos recursos ditadas en expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos (expediente RA/M/2015/00471 e cinco máis).

O secretario xeral técnico ditou as resolucións dos recursos presentados nos expedientes sancionadores número RA/M/2015/00471 e cinco máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Unha vez intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, situada nos edificios administrativos de San Caetano en Santiago de Compostela (A Coruña).

Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

En caso de non ter aboado o importe da sanción, deberán pagar o seu importe dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria, empregando o modelo impreso que se facilitará nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2016

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO

Expediente

Número de recurso

Matrícula

Recorrente

Infracción cometida

Datos da denuncia: data; hora; estrada; p.q.

Precepto infrinxido

Sanción imposta

Resolución do recurso

OU-01416-O-2013

RA/M/2015/00471

4370-HGH

Juan Jesús Jaramillo Rivero

Non levar insertada no tacógrafo a tarxeta de condutor ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso. 5.9.2013; 20.54; A-52; 210

Art. 140.22 LOTT

2.001 €

Desestimatoria, confirma a sanción imposta

XC-01218-O-2013

RA/M/2015/00507

8698-CJY

Sociedad Española de Montajes Industriales, S.A. (SEMI)

Non levar insertada no tacógrafo a tarxeta de condutor ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso. 14.1.2013; 18.15; A-6; 590

Art. 140.22 LOTT

2.001 €

Desestimatoria, confirma a sanción imposta

XC-01711-O-2014

RA/M/2015/00668

5886-DKG

Transportes J y Arizaga, S.L.

Realizar transporte público de mercadorías carecendo de título habilitante.

20.12.2013; 5.15; AP-9; 15

Art. 140.1 LOTT

4.001 €

Desestimatoria, confirma a sanción imposta

LU-01485-O-2014

RA/M/2015/00891

1753-CSL

Nieto Ares, S.L.

O inadecuado funcionamento do limitador de velocidade imputable ao transportista.

22.5.2014; 18.46; A-6; 455

Art. 140.33 LOTT

1.001 €

Desestimatoria, confirma a sanción imposta

XC-03494-O-2014

RA/M/2016/00030

2815-HFL

Nieto Ares, S.L.

O inadecuado funcionamento do limitador de velocidade imputable ao transportista.

7.4.2014; 12.21; N-634; 709,5

Art. 140.33 LOTT

1.001 €

Desestimatoria, confirma a sanción imposta

LU-01818-O-2014

RA/M/2016/00249

C-6777-CH

Fernanda da Conceição Machado

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas.

23.6.2014; 19.55; AG-64; 55,9

Art. 140.35 LOTT

1.001 €

Desestimatoria, confirma a sanción imposta