Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2017 Páx. 2992

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2017 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipado de gasto, do servizo de implantación da Administración electrónica xudicial en Galicia, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 2017/PA/0012).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia-Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 2017/PA/0012.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é a provisión e prestación dun servizo de implantación e capacitación para a posta en marcha en Galicia dos sistemas vinculados á Administración xudicial electrónica ou ao expediente xudicial electrónico e, en xeral, o aproveitamento do uso das TIC na Administración de xustiza en Galicia.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 18 meses contados a partir da data de formalización do contrato, sobre o 1.3.2017. Se a data de formalización do contrato fose posterior a esta data, o prazo de execución de 18 meses computarase desde a data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto harmonizado.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 369.900 € (trescentos sesenta e nove mil novecentos euros), máis 77.679 € (setenta e sete mil seiscentos setenta e nove euros), que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 447.579 € (catrocentos corenta e sete mil cincocentos setenta e nove euros).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=102340

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase a alínea N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 22.2.2017, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro da Amtega.

2º. Enderezo: Edificio CINC, Monte Gaiás, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 13.1.2017.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia