Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2017 Páx. 2991

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 10 de xaneiro de 2017 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 404/2016, no expediente de reposición da legalidade PON/468/2014-RP1, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo, en relación co procedemento ordinario núm. 404/2016, interposto por Enrique Rodríguez Davila, contra a Resolución do 10 de xuño de 2016 ditada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no expediente PON/468/2014-RP1, que inadmite o recurso potestativo de reposición, interposto contra outra do 28 de setembro de 2015, na que se declara que as obras de construción dunha vivenda de tres plantas de altura, sita na estrada pola Vía, barrio de Patos, parroquia de Panxón, concello de Nigrán, non son legalizables e ordena a demolición das obras, a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras e o cese definitivo dos usos aos que desen lugar, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo.

Ao non poder realizarse a notificación persoal dos emprazamentos, mediante a presente cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas-LPACAP, notifícaselle por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) se empraza a Sonia Mª de Francisco Baña para que poida persoarse como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2017

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística