Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2017 Páx. 2977

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 2 de xaneiro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai público o outorgamento da concesión de explotación denominada Celia fracción 2ª, número 5724.2, en Abadín e Mondoñedo.

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo fai saber que, o director xeral de Enerxía e Minas, o 11 de outubro de 2016 expediu o título polo que se outorgou a Pizarras Vega, S.L. a concesión de explotación que a seguir se describe:

Nome: Celia fracción 2ª.

Número de expediente: 5724.2.

Recurso: sección C), calcáreas, cuarcitas ornamentais e áridos.

Termos municipais: Abadín e Mondoñedo.

Superficie: sete (7) cuadrículas mineiras.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 27.2 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

Lugo, 2 de xaneiro de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo