Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2017 Páx. 2975

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 15 de decembro de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, polo que se dá publicidade á sanción firme imposta pola comisión dunha infracción moi grave en materia de prevención de riscos laborais, no expediente 2008/0098-0.

Unha vez que adquiriu firmeza a sanción imposta á empresa que se relaciona, pola comisión dunha infracción moi grave en materia de prevención de riscos laborais, procédese a dárselle publicidade, de conformidade co disposto na Orde da Consellería de Traballo do 30 de xullo de 2008 sobre a publicación das sancións nesa materia e cos datos establecidos no artigo 3 da citada orde.

Expediente: RL 2008/0098-0.

Nome ou razón social da empresa: Metálico, S.L.

Sector da actividade e CNAE: fabricación de estruturas metálicas (2511).

CIF: B27015684.

Domicilio social: polígono industrial do Ceao, rúa A, 27290 Lugo.

Infracción cometida: artigo 13.10 do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Incumprir as disposicións mínimas de seguridade e saúde no desenvolvemento da actividade, xerando un risco grave e inminente para a seguridade e saúde dos traballadores.

Precepto legal infrinxido: artigo 32.bis e disposición adicional 14 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e artigo 22.bis do Real decreto 39/1997.

Importe da sanción económica imposta: 45.000,00 euros.

Data de extensión da acta: 4.7.2008.

Data de firmeza da sanción: 24.9.2016.

Conforme o disposto no artigo 2.4 da Orde da Consellería de Traballo do 30 de xullo de 2008, publicarase semestralmente a relación de empresas sancionadas na páxina web da citada consellería.

Ademais, procederase á inscrición no Rexistro Público de Empresas Sancionadas por comisión de infraccións moi graves en materia de prevención de riscos laborais dos datos publicados neste anuncio, de acordo co previsto no artigo 4 da orde.

Estes datos cancelaranse de oficio aos cinco anos contados desde o día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego