De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle e outórgaselle audiencia á titular do establecemento que no anexo se menciona no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Mediante a visita da Inspección comprobouse que no establecemento que se relaciona no anexo non se realiza nin exerce a actividade turística.
Considerando que no expediente non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta área provincial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 46 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, e no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia, iniciar o expediente de baixa de oficio do establecemento relacionado no anexo.
O que se lle notifica á titular do establecemento referido no dito anexo, para que no prazo de 15 días poida efectuar as alegacións que considere pertinentes e poida examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel, na Área Provincial de Turismo de Pontevedra.
Pontevedra, 4 de xaneiro de 2017
María Ángeles Herrero Pérez
Xefa da Área Provincial de Turismo de Pontevedra
ANEXO
Establecemento: Gran Hotel HGL Samil.
Sinatura: H-PO-000673.
Razón social: Inmobiliaria Samil, S.A.
Enderezo: avenida de Samil, 15.
Concello: Vigo.