Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2017 Páx. 3522

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (153/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por Resolución ditada no día 27 de decembro de 2016, no proceso seguido a instancia de Carlos Bures Liñares contra Construcciones Seroba Galicia, S.L., rexistrado co número 153/2015 acordouse notificar parte dispositiva do Decreto de data 27 de decembro de 2016 ditado no procedemento a Construcciones Serobra Galicia, S.L., en ignorado paradoiro:

«Decreto.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2016.

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3.

Parte dispositiva.

Acordo: ter por desistida á parte demandante da súa demanda acordando o sobresemento das presentes actuacións e o arquivo dos autos.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento».

E para que sirva de notificación a Viajes Atlántico, S.A., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza