Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2017 Páx. 3520

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 941/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 941/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ángel Ramón Fernández Hermo contra Comercial Xanquei, S.L., Juan Queiro Queiro, Piscifactoría Souto Redondo, S.L., Fogasa Fondo de Garantía Salarial, Josefa C. Rua Gayo, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2016.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos de procedemento ordinario seguidos neste xulgado co nº 941/2014, sendo parte neste, como demandante, Ángel Ramón Fernández Hermo, asistido pola letrada Sra. Romero Salgado e, como demandados, o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), asistido polo letrado Sr. Crespi Rodríguez, Juan Queiro Queiro, Piscifactoría Souto Redondo, S.L., Comercial Xanquei, S.L., Josefa C. Rúa Gayo, que non comparecen, malia a súa citación en debida forma, pronunciou esta sentenza, en nome do Rei, con base nos seguintes

(…)

Decido:

Admítese substancialmente a demanda interposta por Jesús María Regueiro Chico fronte ao Fogasa e, en consecuencia, declárase o dereito do demandante a percibir a cantidade reclamada de 3.668,33 euros da que ha de responder o organismo demandado Fogasa, condenando as demandadas a estar e pasar por esta declaración.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que, ao tempo de anuncialo, acredite a parte que non ten o carácter de traballador ou habente causa seu ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social ou non goza do beneficio de xustiza gratuíta, ter consignado como depósito a cantidade de 300 euros na conta deste xulgado, así como acreditar, ao anunciar o recurso, ter consignado na conta de depósitos e consignacións, aberta a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no punto 4 do artigo 229 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Piscifactoría Souto Redondo, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza