Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2017 Páx. 3518

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (143/2015).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 143/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Rubén Fernández Rauch contra Luis Serafín Varela Iglesias, se ditou a seguinte resolución:

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2016.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 143/2015, sendo parte neste, como demandantes, Carlos Rubén Fernández Rauch, asistido polo letrado Sr. Vales Raña e, como demandado/s, a empresa Luis Serafín Varela Iglesias, que non comparece malia a súa citación, en legal forma, ao igual que Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei,

Decido estímase a demanda interposta por Carlos Rubén Fernández Rauch fronte a Luis Serafín Varela Iglesias e, en consecuencia, condénase a parte demandada a aboar á demandante a cantidade de 1.856,19 euros, máis os xuros do artigo 29.3 do ET por demora, sen prexuízo da responsabilidade, se é o caso, do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Luis Serafín Varela Iglesias, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza