Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2017 Páx. 3531

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 14 de decembro de 2016 pola que se autoriza a transmisión inter vivos das concesións administrativas e das bateas Jeval II e cinco máis.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión das bateas Jeval II, Sobreira I, Veiga V, Gancedo II, Suafer V, Ríos Abal I e das concesións administrativas que as amparan, resultan:

a) Antecedentes.

Primeiro. Mediante escrito do 4 de novembro de 2016, Jaime Cortegoso Ríos (35243441N) solicitou autorización para a transmisión das concesións das bateas Jeval II, Sobreira I, Veiga V, Gancedo II, Suafer V e Ríos Abal I.

Segundo. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características das bateas e do Servizo Técnico-Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar e coa a disposición adicional sexta do Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, que dispón que as delegacións de competencias outorgadas polos distintos órganos superiores e de dirección afectados por este decreto continuarán vixentes ata que sexan expresamente revogadas ou novamente outorgadas. Así mesmo, o Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar, dispón a creación das xefaturas territoriais.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Sanadoma, S.L. (B94145612), das concesións administrativas e das bateas que se indican a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Jeval II.

Localización:

Cuadrícula nº: 4.

Polígono: E.

Distrito: Redondela (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 11.4.1973.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Antigo titular: Jaime Cortegoso Ríos (35243441N).

Nova titular: Sanadoma, S.L. (B94145612).

Tipo: batea.

Nome: Sobreira I.

Localización:

Cuadrícula nº: 5.

Polígono: A.

Distrito: Redondela (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 14.5.1975.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Antigo titular: Jaime Cortegoso Ríos (35243441N).

Nova titular: Sanadoma, S.L. (B94145612).

Tipo: batea.

Nome: Veiga V.

Localización:

Cuadrícula nº: 46.

Polígono: A.

Distrito: Redondela (Pontevedra).

Especies autorizadas: ostra plana (Ostrea edulis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 17.9.1958.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Antigo titular: Jaime Cortegoso Ríos (35243441N).

Nova titular: Sanadoma, S.L. (B94145612).

Tipo: batea.

Nome: Gancedo II.

Localización:

Cuadrícula nº: 43.

Polígono: A.

Distrito: Redondela (Pontevedra).

Especies autorizadas: ostra plana (Ostrea edulis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 20.4.1976.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Antigo titular: Jaime Cortegoso Ríos (35243441N).

Nova titular: Sanadoma, S.L. (B94145612).

Tipo: batea.

Nome: Suafer V.

Localización:

Cuadrícula nº: 3.

Polígono: A.

Distrito: Redondela (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 26.2.1960.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Antigo titular: Jaime Cortegoso Ríos (35243441N).

Nova titular: Sanadoma, S.L. (B94145612).

Tipo: batea.

Nome: Ríos Abal I.

Localización:

Cuadrícula nº: 56.

Polígono: D.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 27.5.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Antigo titular: Jaime Cortegoso Ríos (35243441N).

Nova titular: Sanadoma, S.L. (B94145612).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. A actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo da comunicación por parte da Consellería.

Terceira. A nova titular das concesións queda subrogada nos dereitos e nas obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

De conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das adminstracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán interpor recurso de reposición ante a conselleira do Mar no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Vigo, 14 de decembro de 2016

A conselleira do Mar
P.D. (Resolución do 12.4.2012)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo