Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2017 Páx. 3512

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (775/2013).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 775/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Baluja Vigo, Manuel Fernández Pena, José García Fraga, José Ricardo Maceiras Beiro e José Martínez García contra Construcciones Lugilde, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa sentenza expresa:

«Que estimo integramente a demanda interposta por Manuel Fernández Pena, José García Fraga e José Martínez García, asistidos polo letrado Sr. López Núñez, contra a mercantil Construcciones Lugilde, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e, en consecuencia, condeno a entidade demandada a que lle aboe a Manuel Fernández Pena a cantidade de 6.090,45 euros; a José García Fraga o importe de 6.058,56 euros e a José Martínez García o importe de 5.948,04 euros máis o 10 % da dita cantidade por mora no seu pagamento. Sen imposición de custas.

Debo absolver e absolvo o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días.

Así acórdoo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Lugilde, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza