Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2017 Páx. 3511

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1193/2013).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1193/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Albañilería Construcción do Noroeste, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolvo que estimo integramente a demanda interposta por Fundación Laboral de la Construcción contra a mercantil Albañilería Construcción do Noroeste, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e, en consecuencia, condeno a mercantil demandada a que lle aboe a Fundación Laboral de la Construcción a cantidade de 212,64 euros, incluída a recarga do 20 % por mora. Sen imposición de custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así, o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, definitivamente xulgando».

Para que sirva de notificación en legal forma a Albañilería Construcción do Noroeste, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza