Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2017 Páx. 3509

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1148/2013).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1148/2013 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Juan Carlos Castro López, Arturo Gómez Rubio, José Grela Gómez contra as empresas Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L., Campiñas de Laíño, S.A., Comercial Pontecela, S.L., o Fondo de Garantía Salarial e os administradores concursais Juan Manuel Capella Pérez e María José Lorenzo Gómez, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Decido:

Tense a Juan Carlos Castro López, Arturo Gómez Rubio e a José Grela Gómez por desistidos da demanda interposta contra Comercial Pontecela, S.L., e decrétase respecto da dita mercantil o sobresemento do procedemento.

Que estimando integramente a demanda interposta por Juan Carlos Castro López, Arturo Gómez Rubio e José Grela Gómez contra Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L. e Hipescar, S.L., Juan Manuel Capella Pérez, como administrador concursal de Campiñas de Laíño, S.A., e contra María José Lorenzo Gómez, administradora concursal de Refojo y González, S.L. e o Fogasa, debo condenar e condeno solidariamente ás mercantís demandadas Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L. e Hipescar, S.L. a que lle aboen ao demandante José Grela Gómez a suma de 4.479,80, ao demandante Arturo Gómez Rubio a suma de 4.883,87 euros e ao demandante Juan Carlos Castro López a suma de 4.321,24 euros, polos conceptos indicados no feito probado cuarto desta sentenza, máis os xuros por demora previstos no artigo 29.3 do ET respecto das devanditas cantidades desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución; e debo condenar e condeno a Juan Manuel Capella Pérez e María José Lorenzo Gómez, na súa soa condición de administradores concursais a estar e pasar pola anterior declaración.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa non ten lugar a súa condena nesta instancia debendo aterse ao que resulte do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.

Notifíqueselles ás partes e ao Fogasa a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Supremo, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Dada, lida e publicada foi a anterior sentenza pola mesma xuíza que a subscribe, estando a celebrar audiencia pública, en Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2016. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Comercial Pontecela, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza