Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2017 Páx. 3507

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1074/2013).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1074/2013 deste xulgado do social, seguidos a instancia de Ana María Radu contra a empresa Dilemin, S.L., Arturo Martínez Serra administrador concursal de Dilemin, S.L., Ana María García Alonso e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Fallo:

Que estimando integramente a demanda interposta por Ana María Radu, contra Dilemin, S.L., Ana María García Alonso, Arturo Martínez Serra como administrador concursal de Dilemin, S.L., e o Fogasa, debo condenar e condeno solidariamente ás demandadas Dilemin, S.L., e Ana María García Alonso a aboarlle á demandante a suma de 18.223,60 euros polos conceptos analizados no feito probado sexto desta sentenza, máis os intereses por mora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da devandita cantidade desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución; e debo condenar e condeno a Arturo Martínez Serra, na súa soa condición de administrador concursal de Dilemin, S.L., a estar e pasar pola devandita declaración e condena.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa non ten lugar á súa condena nesta instancia debendo estarse ao que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación desta resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndoos saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días a contar desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Dada, lida e publicada foi a anterior sentenza por esta xuíza que a subscribe estando a celebrar audiencia pública en Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2016. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Dilemin, S.L., e Ana María García Alonso, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e fixación no taboleiro de anuncios do xulgado.

Advírtese as destinatarias de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza