Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2017 Páx. 3505

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 128/2014).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 128/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Javier Pérez Reino contra Hostelería Unida, S.A. (Hotel Husa Center), administración concursal de Hostelería Unida, S.A. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña.

Sentenza: 583/2016.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación cantidade 128/2014.

Demandante: Javier Pérez Reino.

Letrada: Sra. Frieiro López.

Demandados: Hostelería Unida, S.A. (Hotel Husa Center), administración concursal de Hostelería Unida, S.A. e o Fogasa.

A Coruña, 19 de decembro de 2016.

Resolución:

1. Estimo a demanda formulada por Javier Pérez Reino fronte a Hostelería Unida, S.A. (Hotel Husa Center) e, en consecuencia, condeno esta a pagarlle ao primeiro a suma de 2.959,49 euros en concepto de diferenzas salariais debidas e saldo e quitanza, así como o xuro do artigo 29.3 ET.

2. O Fogasa e a administración concursal da demandada deberán pasar polo resolto na presente resolución, e o Fogasa nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da LRXS cos límites previstos no artigo 33 ET.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Hostelería Unida, S.A. (Hotel Husa Center), en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza