Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2017 Páx. 3713

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.A. 623/2016, interposto por Matilde Isabel Alonso da Cunha.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela polo que solicita o expediente relativo ao recurso contencioso-administrativo P.A. 623/2016, interposto por Matilde Isabel Alonso da Cunha contra a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 9 de setembro de 2016, que desestima o recurso de reposición formulado pola interesada e contra a Resolución do 20 de xullo de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia, convocado mediante a Resolución do 19 de maio de 2015.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2017

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública