1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.
2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, edificio nº 1, 2º andar.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
4º. Teléfonos: información de índole técnica: 981 54 42 03/981 54 42 86 e información de índole administrativa: 981 95 73 49/981 54 45 17.
5º. Telefax: 981 54 42 39.
6º. Correo electrónico:
contratación.vicepresidencia@xunta.gal
natalia.lobato.mosquera@xunta.gal
nicolas.vazquez.iglesias@xunta.gal
7º. Endrezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=94022
8º. Data límite de obtención de documentación e información: 6 de febreiro de 2017, ata as 14.00 horas.
d) Número do expediente: 2017-SESE 01 EM.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: contrato administrativo de servizos.
b) Descrición: prestación do servizo consistente na realización de traballos para a elaboración e publicación da edición electrónica do Diario Oficial de Galicia.
c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non leva lotes.
d) Lugar de execución: o indicado no número 3.2.3. do prego de prescricións técnicas.
e) Prazo de execución: vinte e catro meses contados desde o día seguinte ao da formalización do contrato.
f) Admisión de prórroga: si, por un prazo máximo igual ao do contrato.
g) CPV: 79970000-4. Servizos de edición.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria, suxeita a regulación harmonizada e anticipada de gasto.
b) Procedemento: aberto.
c) Poxa electrónica: non.
d) Criterios de adxudicación: os establecidos na epígrafe J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Valor estimado do contrato: 2.621.818,18 €.
5. Orzamento base de licitación:
Importe neto: 1.191.735,54 €.
Importe total: 1.442.000,00 €, IVE incluído.
6. Garantías exixidas.
Provisional: non se exixe.
Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: a indicada na epígrafe E da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
b) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na epígrafe F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na epígrafe G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: 6 de febreiro de 2017, ás 14.00 horas.
b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, fax ou burofax o mesmo día. O número de fax é 981 54 42 39.
c) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía do Complexo Administrativo San Caetano.
2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Admisión de variantes: non procede.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data da apertura das proposicións.
9. Apertura de ofertas:
a) Lugar: sala de xuntas D do Complexo Administrativo San Caetano. Edificio da Pirámide.
b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, soto.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Data e hora: o primeiro acto público, apertura do sobre B «Documentación relativa aos criterios de adxudicación non avaliables automaticamente», terá lugar ás 12.00 horas o día 16 de febreiro de 2017.
O lugar, o día e a hora do segundo acto público, «Lectura e avaliación do sobre B», e da apertura do sobre C «Documentación relativa aos criterios de adxudicación avaliables de forma automática» indicaranse oportunamente no perfil do contratante.
10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.
11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 29 de decembro de 2016.
Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2016
Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia, Administracións
Públicas e Xustiza