Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 2017 Páx. 4058

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2017 pola que se fai pública a formalización dun contrato administrativo (expediente PA 41-2016).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, que aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Contratación administrativa da xestión de servizos públicos, na modalidade de concerto, para a reserva e ocupación de prazas de atención residencial terapéutica para persoas con discapacidade física na provincia de Ourense, polo procedemento aberto e tramitación documentalmente simplificada.

1.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.

c) Número de expediente: PA 41-2016.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

1.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: xestión do servizo público, na modalidade de concerto, para a reserva e ocupación de prazas de atención residencial terapéutica para persoas con discapacidade física na provincia de Ourense.

c) CPV: 85320000 servizos sociais.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 6 de setembro de 2016.

1.3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

1.4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 314.204,80 € (IVE incluído).

1.5. Formalización:

a) Data: 27.12.2016.

b) Contratista: Asociación Aixiña.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 281.862 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2017

O conselleiro de Política Social
P.D. (Orde 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social