De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (aplicable de acordo co previsto na disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas), anúnciase a notificación da resolución dos recursos de alzada en materia de protección do patrimonio cultural que se relacionan no anexo a Margarita Lorenzo González, a quen non se lle puideron notificar por correo certificado.
A notificación efectuarase mediante anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado, logo da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Tendo en conta que en atención ao previsto no artigo 61 da Lei 30/1992, os actos non se publican na súa integridade, fáiselle saber á interesada que poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo Técnico-Xurídico da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 3, 2º, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro das mencionadas resolucións e constancia de tal coñecemento.
Unha vez transcorrido o devandito prazo sen terse efectuado a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado.
O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.
Contra estas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, a interesada poderá interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente ao seu domicilio, ou ben no de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co establecido no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2017
Mª del Carmen Sáenz de Cenzano Lousa
Xefa do Servizo Técnico-Xurídico da Secretaría Xeral de Cultura
ANEXO
Número de expedientes: 2015/66-RA-O; 2015/67-RA-O; 2015/68-RA-O; 2015/71-RA-O.
Recorrente: Margarita Lorenzo González.
Último enderezo coñecido: avenida Julio Rodríguez Soto nº 56, 1º, 32500 O Carballiño.
Resolución notificada: resolucións dos recursos de alzada.


