Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2017 Páx. 4308

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (410/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento conta de avogados 410/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Castro Álvarez contra Paulina Kinga Siwiec Zygmunt, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Carlos Castro Álvarez presentou minuta de honorarios afirmando que aínda lle debe e que non lle foron satisfeitos pola súa defendida os correspondentes ao procedemento de despedimento 343/2016.

De conformidade co artigo 35.2 da Lei de axuizamento civil (LAC), acordo:

Requirir a Paulina Kinga Siwiec Zygmunt para que pague a cantidade de 363,00 euros nun prazo de dez días ou para que a impugne, expoñendo os motivos que teña para impugnala e achegando, de ser o caso, os documentos que teña ao seu dispor.

Igualmente apercibo a requirida de que, se no dito prazo non paga nin impugna conta de dereitos e suplidos, se procederá contra os seus bens pola vía de constrinximento e se despachará execución pola cantidade a que ascende a conta máis as custas.

Para que lle sirva de notificación e requirimento en legal forma a Paulina Kinga Siwiec Zygmunt, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza