Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2017 Páx. 4309

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 152/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 152/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rafael Berdullas Porto contra M. Fuentefría Construcciones, S.L., sobre despedimento, ditouse auto coa seguinte:

Parte dispositiva.

Declaro extinguida na data da presente, día 9 de xaneiro de 2017, a relación laboral que unía a Rafael Berdullas Porto coa mercantil M. Fuentefría Construcciones, S.L., e condeno a devandita empresa a aboar ao executante a cantidade de 1.142,51 euros en concepto de indemnización e 12.479,28 euros en concepto de salarios de tramitación, sen prexuízo do desconto que efectúe, se é o caso, a empresa do importe percibido pola parte executante en concepto de prestacións por desemprego.

Para o suposto de non se proceder ao cumprimento voluntario desta resolución xudicial, a presente execución continuará por petición de parte como monetaria polo importe total de 13.621,79 euros e 1.362,17 euros que se orzan para xuros e custas da execución, sen prexuízo da súa ulterior liquidación.

Notifíquese a presente resolución a todas as partes comparecidas e fágase saber que esta non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de reposición, que se presentará ante este órgano de xustiza no prazo de tres días contados desde o seguinte ao de notificación da presente.

Así o acordo, mando e asino, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

A xuíza substituta. A letrada da Administración de xustiza.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a M. Fuentefría Construcciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza