Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2017 Páx. 4276

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ORDE do 9 de xaneiro de 2017 pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes no Instituto Galego da Vivenda e Solo.

De conformidade co establecido na disposición transitoria terceira da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (DOG núm. 82, do 4 de maio), e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da mesma lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a provisión polo sistema de libre designación, dos postos de traballo que se indican no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os/as empregados/as públicos que reúnan as condicións que para os postos de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar na presente convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, 15781 Santiago de Compostela), nas súas áreas provinciais ou nas oficinas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince (15) días contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto. Os/as aspirantes deberán achegar coa solicitude un curriculo e xustificar mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados da maneira que se sinala no punto anterior non se terán en conta.

Quinto. No caso de que resulte seleccionado/a para ocupar algún dos postos de traballo que se relacionan no anexo I desta orde, un/unha empregado/a público con destino noutras administracións, requirirase o informe favorable do departamento onde preste servizos, considerándose favorable de non emitirse no prazo de quince (15) días, segundo o preceptuado no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

Sexto. A resolución desta convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia e nela se poderá, de considerarse oportuno, declarar deserto algún dos postos de traballo.

Sétimo. O prazo para tomar posesión do novo destino obtido será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá producir o día seguinte ao da publicación da orde de resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte (20) días hábiles.

Oitavo. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2017

Ethel María Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO I

Código do posto: MA.O11.00.000.15770.001.

Denominación: secretario/a director xeral.

Centro directivo: Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Localidade: Santiago de Compostela.

Vac.: si.

Nivel: 18.

Complemento específico: 5.581,80.

Tipo posto: N.

Forma provisión: LD.

Subgrupo: C1-C2.

Corpo/escala: xeral.

Adscrición Administración: A11 (adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.).

Formación específica: 641 (para persoal doutra administración, curso de iniciación de galego-R.I.).

Código do posto: MA.O11.00.006.15770.002.

Denominación: secretario/a director/a xeral.

Centro directivo: Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Localidade: Santiago de Compostela.

Vac.: si.

Nivel: 18.

Complemento específico: 5.581,80.

Tipo posto: N.

Forma provisión: LD.

Subgrupo: C1-C2.

Corpo/escala: xeral.

Adscrición Administración: A11 (adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.).

Formación específica: 641 (para persoal doutra administración, curso de iniciación de galego-R.I.).

Observacións: xornada especial.

missing image file