Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2017 Páx. 4275

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2017 pola que se fai público o resultado do sorteo a que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto na Resolución do 3 de xaneiro de 2017, da Consellería de Facenda (DOG núm. 9, do 13 de xaneiro), e do establecido no artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, o día 20 de xaneiro de 2017, no salón de actos número 2 (pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; Edificio Administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela, tivo lugar o sorteo a que alude a citada resolución.

Conforme o seu resultado, a orde de actuación dos/das aspirantes nos procesos de selección para o ingreso na Administración autonómica de Galicia que deriven da oferta de emprego público correspondente ao ano 2017 empezará por aqueles/as cuxo primeiro apelido comece pola letra K.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2017

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda