Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2017 Páx. 4274

III. Outras disposicións

Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2017 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2016.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno na Administración pública galega (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Dar publicidade á relación de convenios subscritos polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia no terceiro cuadrimestre do ano 2016, que se incorporan como anexo a esta resolución.

Vilaxoán, 19 de xaneiro de 2017

Mª Covadonga Salgado Blanco
Directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Tecnolóxico
para o Control do Medio Mariño de Galicia no terceiro cuadrimestre do ano 2016

Convenio

Importe

Data
de sinatura

Convenio de Colaboración Educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar) para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares de alumnos do Máster Universitario en Innovación en Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias.

0,00 €

18.11.2016