Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2017 Páx. 4363

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de ampliación da delegación en materia de xestión de recursos locais do Concello de Moaña nesta deputación.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, en sesión ordinaria celebrada o 30 de setembro de 2016, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a ampliación das delegacións que realizou o Concello de Moaña na Deputación Provincial de Pontevedra das facultades de xestión, liquidación, inspección, recadación e revisión de diversos recursos municipais (impostos, taxas e prezos públicos).

A citada delegación realizaraa a Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

Faise público este acordo para xeral coñecemento.

Pontevedra, 7 de outubro de 2016

Mª del Carmen Silva Rego
Presidenta da Deputación Provincial
de Pontevedra

Carlos Cuadrado Romay
Secretario da Deputación Provincial
de Pontevedra