Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2017 Páx. 4362

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de delegación das facultades de recadación en vía executiva do Concello de Moraña nesta deputación.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, en sesión extraordinaria que tivo lugar o 16 de setembro de 2016, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que realizou o Concello de Moraña na Deputación Provincial de Pontevedra das facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobramento na Tesouraría do Concello.

A citada delegación realizaraa a Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

Faise público este acordo para xeral coñecemento.

Pontevedra, 29 de setembro de 2016

Mª del Carmen Silva Rego
Presidenta da Deputación Provincial
de Pontevedra

Carlos Cuadrado Romay
Secretario da Deputación Provincial
de Pontevedra