Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2017 Páx. 4291

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (569/2013).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 569/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rafael Vilas Rodríguez contra Instalaciones FJ Piñeiro, S.L., Mutua Gallega, Fogasa, Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), sobre seguridade social, ditouse a seguinte resolución cuxa resolución expresa:

«Que estimando a demanda interposta por Rafael Vilas Rodríguez contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo número 201, Instalaciones FJ Piñeiro, S.L., Jesús Ángel Alonso Álvarez como administrador concursal de Instalaciones FJ Piñeiro, S.L., e contra o Fogasa, efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibir a suma de 415,67 euros que se lle deben en concepto de prestación económica de IT iniciada o 2.7.2012 e finalizada o 6.9.2012, e correspondente a diferenzas da prestación do mes de agosto de 2012 e á prestación dos 6 días de setembro de 2012, e debo condenar e condeno as demandadas a avirse á devandita declaración, e condeno a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo número 201 a aboarlle ao demandante a devandita suma de 415,67 euros, sen prexuízo das accións que poida exercer contra a mercantil Instalaciones FJ Piñeiro, S.L., con responsabilidade subsidiaria do INSS para o caso de insolvencia de Mutua Gallega.

2. No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia, debendo observarse o que resulte do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela non cabe recurso.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Instalaciones FJ Piñeiro, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza