Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2017 Páx. 4289

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Corcubión

EDICTO (44/2014).

No procedemento de referencia ditouse sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza número 125/2014.

Corcubión, 25 de novembro de 2014.

Vistos por min, Iván Barallobre Sánchez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Corcubión e o seu partido xudicial, os presentes autos do xuízo ordinario seguidos co número 44/2014, sobre reclamación de cantidade, por instancia de Comunidad de Propietarios del Conjunto Residencial Monte Maela, representada pola procuradora Sra. Borrero Castro e defendida polo letrado Sr. Montero Vilar, contra as entidades mercantís Promociones José Manuel Lamas, S.L. e Proyectos Inmobiliarios Quenxe, S.L., en situación procesual de rebeldía, ditouse a seguinte sentenza en nome da súa maxestade o rei.

Decido que, estimando integramente a demanda interposta pola Comunidad de Propietarios del Conjunto Residencial Monte Maela, representada pola procuradora Sra. Borrero Castro e defendida polo letrado Sr. Montero Vilar, contra as entidades mercantís Promociones José Manuel Lamas, S.L. e Proyectos Inmobiliarios Quenxe, S.L., en situación procesual de rebeldía, debo condenar e condeno a entidade Promociones José Manuel Lamas, S.L. a aboar á comunidade de propietarios demandante a cantidade de 3.282,19 euros, máis os xuros legais do artigo 1.108 do Código civil desde a data de interposición da demanda ata a presente sentenza, que devindican a partir desta os xuros procesuais do artigo 576 da Lei de axuizamento civil.

Debo condenar e condeno a entidade Proyectos Inmobiliarios Quenxe, S.L. a aboar á comunidade de propietarios demandante a cantidade de 15.250,33 euros, máis os xuros legais do artigo 1.108 do Código civil desde a data de interposición da demanda ata a presente sentenza, que devindican a partir desta os xuros procesuais do artigo 576 da Lei de axuizamento civil.

As custas procesuais impóñense a ambas as entidades codemandadas.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertíndolles que non é firme, senón que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación, o cal se preparará por medio de escrito dirixido a este xulgado no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación. A interposición de recurso contra a anterior resolución exixe a constitución do depósito de 50 euros mediante ingreso en efectivo, en calquera sucursal do Banesto, na conta de depósitos e consignacións deste órgano xudicial.

Fáganse as anotacións correspondentes no libro de asuntos e lévese a presente ao mazo de sentenzas e autos deste xulgado e testemuño dela aos autos principais.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo». (Asinado).

E como consecuencia do ignorado paradoiro dos demandados Promociones José Manuel Lamas, S.L. e Proyectos Inmobiliarios Quenxe, S.L., expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Corcubión, 4 de xullo de 2016

O/a secretario/a xudicial