Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2017 Páx. 4288

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña

EDICTO (518/2016).

Xuízo verbal 518/2016

Procedemento de orixe:

Sobre reclamación de cantidade

Demandante: María de los Ángeles Vega Álvarez

Procurador: Luis Ángel Painceira Cortizo

Avogada: Ana Belén Luaces Alvariño

Demandada: María Josefa Boquete Pazos

Eu, Carlota Fernández Ambros, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña, polo presente edicto anuncio que no procedemento de xuízo verbal seguido por instancia de María de los Ángeles Vega Álvarez fronte a María Josefa Boquete Pazos se ditou sentenza, do 21 de decembro de 2016, contra a cal se poderá interpoñer recurso de apelación no prazo de 20 días desde a súa notificación.

Encontrándose a dita demandada, María Josefa Boquete Pazos, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

A Coruña, 21 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza