Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2017 Páx. 4286

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2483/2016).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso de suplicación 2483/2016 PM

Xulgado de orixe/autos: demanda 457/2007 Xulgado do Social número 1 da Coruña

Recorrentes: Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Ver_PDF, María del Carmen Pardo Rodríguez, Eduardo Vázquez García

Avogados: Pablo Torrado Oubiña, Antonio Vázquez López

Recorridos: Fogasa, Coruñesa de Parabrisas, S.L., Autoarte Coruña, S.L., Vidrio Arte Coruña, S.L., Vidrio Arte Galiza, S.L., Mutua Intercomarcal, Mutua de Acc. de Trabajo y Enferm. Profesionales de la Seguridad Social número 39 , Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales número 61, Luis Manuel García Rodellino, Autoarte Galicia, S.L., Don 24 Horas, S.C.

Avogado/a: Íñigo Fernández Saavedra, María de los Ángeles Gómez Lage, Íñigo Fernández Saavedra

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 2483/2016 desta sección, seguidos por instancia de Ver_PDF, María del Carmen Pardo Rodríguez, Eduardo Vázquez García contra a empresa Fogasa, Coruñesa de Parabrisas, S.L., Autoarte Coruña, S.L., Vidrio Arte Coruña, S.L., Vidrio Arte Galiza, S.L., Mutua Intercomarcal, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social nº 39, Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales nº 61, Luis Manuel García Rodellino, Autoarte Galicia, S.L., Don 24 Horas, S.C., sobre incapacidade temporal, ditouse resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Que desestimamos os recursos de suplicación formulados polos demandantes Ver_PDF e María del Carmen Pardo Rodríguez e Eduardo Vázquez García, e codemandada Mutua Galega de AT e EP nº 201 contra a sentenza ditada o 10.9.2015 polo Xulgado do Social número 1 da Coruña en autos nº 457-2007 sobre subsidio de incapacidade temporal, seguidos por instancias dos citados demandantes contra a corecorrente Mutua Gallega, Instituto Nacional da Seguridade Social, Fogasa, Mutua Intercomarcal, Vidrio Arte Galiza, S.L., Autoarte Galiza, S.L., Autoarte Coruña, S.L., Vidrio Arte Coruña, S.L., Coruñesa de Parabrisas, S.L., Don 24 Horas, S.L., Mutua Fremap, S.L., e Luis Manuel García Rodelino e con estimación do recurso formulado polo Instituto Nacional da Seguridade Social limítase a súa responsabilidade ao concepto de subsidiaria para o suposto de insolvencia da mutua condenada, confirmándose no resto a resolución recorrida.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta a nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Coruñesa de Parabrisas, S.L., Autoarte Coruña, S.L., Vidrio Arte Coruña, S.L., Autoarte Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza